Outono
O vindeiro sábado, 9 de outubro, celébrase no Valadouro a tradicional Feira do Mel que chega xa á XXXIV edición.
Nesta ocasión, a feira estará situada na Praza de Santa María e na rúa Andrés López Palmeiro e contará coa presenza de numerosos produtores de mel, mazá, castaña e outros produtos de tempada.
Nesta edición, en colaboración coa hostalería local, organízase unha ruta de tapeo polos distintos locais e entre todos os participantes sortearase un premio.
Ademais tamén se realizará a presentación do libro de Prudencio Vivero "Os irmáns de América", e haberá animación de rúa, xogos pola tarde para o público infantil e moitas máis cousiñas.
Entre os asistentes á Feira do Mel realizaranse dous sorteos con dous lotes de produtos da zona e de tempada.
... leer másO ciclo de teatro de outono para adultos organizado pola Delegación de Cultura do Concello de Foz empeza este venres, día 1 de outubro, cun espectáculo da compañía Teatro do Noroeste, que representará a obra As Virxes Salvaxes, escrita e dirixida por Eduardo Alonso.
As prazas son limitadas, o prezo das entradas é de 5 euros e a reserva previa hai que facela na Delegación de Cultura do Concello de Foz (teléfono 982.140.027 Extensión 3.
Este ciclo de teatro inclúe representacións todos os venres de outubro ás 20.30 horas e o domingo 7 de novembro ás 19.00 horas, todas elas na Sala Bahía.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, destaca que neste ciclo teatral “as mellores compañías de Galicia estarán en Foz”.
En outubro chega unha nova edición de A Mariña en Ruta, que organiza a Mancomunidade de Concellos para axudar á dinamización da comarca no outono. O obxectivo pasa por atraer escapadas de fin de semana para os galegos e as galegas e para as comunidades autónomas máis próximas. O calendario de rutas para as vindeiras semanas foi presentado este mediodía no Cenima, en Foz.
O presidente da Mancomunidade, Fran Cajoto, lembrou que “o proxecto A Mariña en Ruta, promovido pola Mancomunidade de Concellos, co apoio da Xunta de Galicia para a súa coordinación e execución e da Deputación de Lugo para a promoción en medios, consiste nun programa de rutas e actividades en torno á cultura e á natureza que durante esta edición dotará á Mariña Lucense dunha oferta turística complementaria suxerinte e ao aire libre. O obxectivo é desestacionalizar o...
leer másA Casa da Cultura de Foz acollerá a actividade Outubro Literario, que organiza a Librería Bahía, os días 14 e 21 dese mes, que son xoves, ás 20:30 horas.
O 14 de outubro Xurxo Mariño e Luísa Martínez falarán de divulgación científica e literatura. E o día 21 Manuel Gago e Susana Sánchez Aríns conversarán sobre memoria e literatura. A filóloga María Liñeira será a moderadora das dúas charlas.
Os días 17 e 23 de outubro volve A Mariña en Ruta con propostas para achegarnos á interpretación dun ecosistema intermareal en Foz e á terra de cervos, entre Mondoñedo e Alfoz.
Desde a Mancomunidade de Concellos de A Mariña, ente organizador desta iniciativa, a súa Axente de Desenvolvemento Turístico, Tania Hermida, lembra que “o pasado 26 de setembro remataban os roteiros programados para agosto e setembro de A Mariña en Ruta cunha moi boa acollida, xa que contaron con 327 persoas que gozaron da oferta das rutas ofrecidas, cubríndose un 92% das prazas dispoñibles”. O proxecto, promovido pola Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, co apoio da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo, e coordinado pola empresa de ecoturismo Maremasma, puxo en valor o rico patrimonio cultural e natural da Mariña Lucense con 21 roteiros únicos durante...
leer másAs Concellerías de Turismo e de Medio Ambiente anuncian que volven as Xeorutas no último trimestre do ano. O Concello recupera deste xeito as que non puideron celebrarse durante os meses de xuño e xullo por mor da pandemia do Covid-19. A Ruta Xeolóxica do Perdouro será os días 10 de outubro e 29 de decembro; a da Marosa, os días 5 e 27 de decembro; e a do Monte Castelo, o 7 de decembro. As Xeorutas foron presentadas polos concelleiros de Turismo e de Medio Ambiente, Ramiro Fernández e Toñi Eijo, xunto ao alcalde, Alfredo Llano.
O edil de Turismo explicou que “desde a Concellería de Turismo, en colaboración coa de Medio Ambiente, imos volver poñer en marcha as rutas xeolóxicas que non puidemos facer durante o verán, nos meses de xuño e xullo, debido á pandemia. Quedáronnos pendentes unha serie de rutas que queríamos facer nesas datas que...
leer másA Mancomunidade fai unha valoración moi positiva do programa A Mariña en Ruta, que se desenvolveu durante os meses de agosto e setembro. 327 persoas gozaron da oferta de rutas ofrecidas e amosáronse partidarios de volver repetir a experiencia e consideran que debería ter continuidade. O ente supramunicipal anunciará ao longo dos vindeiros días o calendario de roteiros programados para este outono.
O pasado 26 de setembro remataban os roteiros programados para agosto e setembro de A Mariña en Ruta, que contaron cunha moi boa acollida. O proxecto, promovido pola Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, co apoio da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo, e coordinado pola empresa de ecoturismo Maremasma, puxo en valor o rico patrimonio cultural e natural da Mariña Lucense con 21 roteiros únicos durante este atípico verán 2020 marcado...
leer másUn grupo de 19 establecementos de Mondoñedo, coa colaboración do Concello, organizan a primeira edición do Entroido de Outono, que se celebrará o próximo día 28, na Praza do Concello.
As actividades comezarán ás 19.00 horas e haberá premios para os mellores disfraces, segundo anuncian os organizadores. Haberá tres premios individuais, outros tantos para parellas e tamén tres para grupos e comparsas. En caso de haber disfraces infantís, tamén haberá premios
Nos locais de hostalería que son patrocinadores deste primeiro Entroido de Outono haberá degustación de produtos típicos desta festa.
A alcaldesa de Mondoñedo, a popular Elena Candia, agradece «o dinamismo e implicación da hostalería local que sempre se mostra predisposta a colaborar en eventos novos como este». Candia destaca a...
leer másA programación cultural de outono organizada polo Concello inclúe teatro, maxia, gastronomía, música, cine e moitas más actividades. Anunciouno hoxe o concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron.
Empezará coa exposición Camiño por mar, que poderá visitarse do 4 ao 6 de setembro de 17:00 a 20:00 horas.
O venres 13 de setembro ás 18:00 horas terá lugar a actividade Unha arte delicada: a papiroflexia, a cargo de Miguel Cortés. O venres día 20 ás 18:00 horas Olga Brañas ofrecerá Cinema e música con Buster Keaton. Ao día seguinte, sábado 21, ás 20:00 horas Hipócrita Teatro, de Lugo, representará a obra Hotel Desencanto. E o venres 27 ás 18:00 horas haberá a actividade 4.500 anos da incrible historia da maxia, co Mago Teto.
En outubro o xoves día 3 Manoele de Felisa ofrecerá Canto para a...
leer más