Ourol
31/07/2016
O grupo Ourelo coa colaboración do Concello de Ourol e a través do programa iniciativa Xove, organiza o 6 de agosto unha Xornada da Ciencia.
Dará comezo ás 16:00 horas na praza do Concello, e haberá sinxelos experimentos científicos que os nenos e nenas poderán realizar, xogos, fósiles, fluídos non newtonianos, experimentos con xeo seco, foguetes, efectos especiais, química do amor, coche de hidróxeno e moitas cousas que descubrirán a parte máis divertida da ciencia.
A entrada é libre e de balde. En caso de choiva a xornada celebrarase no Pavillón municipal.
21/07/2016
O grupo de moz@s Ourelo organiza para o vindeiro martes, 26 de xullo, o seu próximo obradoiro, que terá por título A muller na literatura e na ciencia.
Neste obradoiro, desde unha perspectiva práctica, coñeceranse ás mulleres que máis destacaron nestes dous eidos. Os asistentes elaborarán un álbum coas biografías e pensamento de mulleres que destacaron na ciencia, na literatura o una mecánica.
O obradoiro terá lugar o 26 de xullo entre as 11:00 horas e as 13:00 horas, na Biblioteca Municipal de Ourol. Os interesados poden facer as súas inscricións no teléfono 982 55 90 19.
14/07/2016
A A.C.R.D. Aturuxeiros de Bravos organiza a V edición do Festival Aturuxo que terá lugar en Bravos-Ourol o día 30 de xullo.
Comezará ás 13:30 horas coa sesión vermú a cargo de AC Son D´aquí. Durante a tarde haberá xogos e competicións populares, ademais impartirase o obradoiro de baile 100% Cempés, previa inscrición e cun prezo de 3 euros para os socios e 5 euros para non socios.
Ás 21:30 horas comezarán os concertos coas actuacións de Punkestra Chumeiras, Os Cempés, Zénzar e Skandalo GZ. A entrada e a acampada serán de balde.
22/06/2016
O Concello de Ourol a través do departamento de Servizos Sociais organiza unha ludoteca de verán.
Comezará o 1 de xullo e rematará o 12 de agosto en horario de 10:30 horas a 13:30 horas de luns a venres. Terá lugar en distintas dependencias do Concello como a piscina, o pavillón, o multiusos ou espazos naturais.
Os destinatarios son rapaces e rapazas empadroados no Concello de Ourol de idades comprendidas entre os 4 e os 16 anos. As prazas serán cubertas por orde de inscrición e a solicitude de praza poderá realizarse polo período completo, por semanas ou por días concretos establecidos no momento de realizar a matrícula. O prazo para anotarse é ata o...
leer más 20/06/2016
O grupo de moz@s Ourelo organiza o obradoiro Da Horta á Alacena. A actividade está composta por tres talleres e o primeiro leva por título Mellorando o de sempre. Nel se abordarán os diferentes tipos de horto, ecolóxico e tradicional, e os participantes aprenderán novos xeitos de cultivo a través do cambio a produtos naturais á vez que se incentiva o emprego de semente ecolóxica. Ademais se falará dos elementos que axudan a acelerar o proceso tradicional.
Este obradoiro é totalmente gratuíto e está aberto a todo o público que desexe asistir. O prazo de inscrición está aberto ata o 30 de xuño no teléfono 982 55 90 19. Terá lugar o 4 de xullo no edificio multiusos de Ourol.
... leer más 19/06/2016
O Concello de Ourol ten aberto o prazo para anotarse a un curso de Iniciación á Música que se impartirá os sábados do mes de xullo. Este curso está dirixido a rapaces/as entre 3 e 7 anos o primeiro grupo, e de 8 a 12 anos o segundo.
Impartirase na Casa da Cultura e comezará o 25 de xuño ás 11:00 horas. O prazo para anotarse remata o día 23 de xuño e os interesad@s poden facelo no número de teléfono 982 55 90 19. Organiza a Concellería de Cultura, Xuventude e Deporte do Concello de Ourol.
02/06/2016
En Ourol o día 11 de xuño os rapaces e rapazas de voluntariado xuvenil presentarán o seu estudo "Proxecto para a sustentabilidade apícola. Programa de estudo e loita contra a vespa velutina". Este traballo de campo realizarase a partir das dez da mañá. O estudo estase a levar a cabo no concello de Ourol coa finalidade de controlar esta especie invasora que está atacando aos apiarios do municipio. A presentación do estudo está prevista para as 16:00 horas.
Ademais o investigador Lolo Andrade ofrecerá unha charla sobre a vespa velutina no Concello ás 17:00 horas, para coñecer un pouco máis esta especie e cómo se pode controlar a súa expansión.
Organiza...
leer más 31/05/2016
O grupo Ourelo de Ourol organiza para o 8 de xuño un obradoiro titulado "Cal é o galego de verdade?".
Nesta actividade que terá lugar o 8 de xuño de 11:00 a 12:30 horas na Casa da Cultura de Ourol, os asistentes participarán de forma activa neste traballo sobre o galego. Falarán da riqueza dialectal da súa evolución, da utilidade, e farán unha árbore do galego coas verbas que se usan diariamente e con aquelas que se usaban pero agora non.
Este obradoiro será impartido por Lorena Piñón López de Bravos e estará apoiado polo resto de membros do grupo. O destinatario é o público en xeral. Organiza o grupo informal de mozos e mozas Ourelo e colabora o...
leer más 13/03/2016
Ata o vindeiro 16 de marzo está aberto o prazo para se inscribir no campamento de primavera que organiza o grupo de educación nos tempos libres Chao de Castro-Altair de Burela. Está dirixido a nenas e nenos de 7 a 17 anos os días 20, 21 e 22 de marzo de 2016 en Bravos-Ourol.O custe da actividade é de 38 € para non soci@s, incluindo cota do mes de abril para quen queira continuar na asociación e 25€ para os soci@s. "Haberá reunión informativa coas familias interesadas o 14 de marzo ás 20:30 horas na Casa da Xuventude de Burela", explican desde a organización.
Dentro das actividades periódicas semanais de Chao de Castro-Altair, o grupo ofrece este campamento a todas as persoas interesadas en coñecer as súas actividades e o seu...
leer más 24/03/2015
Segundo confirman os organizadores hai xa inscritos da Mariña, da Terra Chá, de As Pontes, do norte da provincia da Coruña e de Lugo capital. O sorteo dos emparellamentos será o 30 de marzo ás nove da noite no pavillón municipal de Ourol.
Os premios para as categoría sub 16 e feminino serán: para os primeiros 120 euros máis trofeos e para os segundos 50 euros máis trofeos.
Na categoría senior: o primeiro premio está dotado con 600 euros máis trofeo, o segundo con 300 euros máis trofeo, o terceiro con 100 euros máis trofeo e o cuarto tamén con 100 euros máis trofeo. Haberá trofeo ao mellor porteiro e trofeo ao mellor xogador.
A Área de Deportes da Deputación de Lugo e o Concello de Ourol...
leer más