A SD Ourol organiza o XVI Torneo Semana Santa de Fútbol Sala, que se celebrará do 2 ao 4 de abril. Disputarase nas categorías senior, feminino e sub-16.

A SD Ourol organiza o XVI Torneo Semana Santa de Fútbol Sala, que se celebrará do 2 ao 4 de abril. Disputarase nas categorías senior, feminino e sub-16.
 
Segundo confirman os organizadores hai xa inscritos da Mariña, da Terra Chá, de As Pontes, do norte da provincia da Coruña e de Lugo capital. O sorteo dos emparellamentos será o 30 de marzo ás nove da noite no pavillón municipal de Ourol. 
Os premios para as categoría sub 16 e feminino serán: para os primeiros 120 euros máis trofeos e para os segundos 50 euros máis trofeos. 
Na categoría senior: o primeiro premio está dotado con 600 euros máis trofeo, o segundo con 300 euros máis trofeo, o terceiro con 100 euros máis trofeo e o cuarto tamén con 100 euros máis trofeo. Haberá trofeo ao mellor porteiro e trofeo ao mellor xogador. 
A Área de Deportes da Deputación de Lugo e o Concello de Ourol colaboran cos organizadores, coa SD Ourol.