En Ourol o día 11 de xuño os rapaces e rapazas de voluntariado xuvenil presentarán o seu estudo "Proxecto para a sustentabilidade apícola. Programa de estudo e loita contra a vespa velutina". Este traballo de campo realizarase a partir das dez da mañá. O estudo estase a levar a cabo no concello de Ourol coa finalidade de controlar esta especie invasora que está atacando aos apiarios do municipio. A presentación do estudo está prevista para as 16:00 horas.
Ademais o investigador Lolo Andrade ofrecerá unha charla sobre a vespa velutina no Concello ás 17:00 horas, para coñecer un pouco máis esta especie e cómo se pode controlar a súa expansión.
Organiza a Concellería de Cultura, Xuventude e Deporte e colabora a Casa do Mel de Goente.