O Valadouro

13/10/2016
"Retrincos de Castelao", con Isabel Risco e Fran Rei recala o 15 de outubro en O Valadouro.
 
Os actores Isabel Risco e Fran Rei poñen en escena a obra Retrincos de Castelao o sábado 15 de outubro ás 20:00 horas no centro sociocultural Manuel Lourenzo de O Valadouro.
 
Unha achega ao humor na obra do inmortal autor de Rianxo, figura fundamental na nosa historia. A través dun texto de Diego Rei fan un divertido percorrido polo traballo deste intelectual, achegándonos á súa enxeñosa e fascinante forma de ver á Galiza do seu tempo. Ofrécennos o mosaico dunha realidade galega atemporal que nos antecede e nos outorga raíces.
 
Con esta actividade na que colaboran o Concello de O Valadouro e a Rede Museística Provincial, conmemórase o 2016 Ano Castelao.
 
Etiquetas:
03/10/2016
O 8 de outubro terá lugar a XXIX Feira do Mel de O Valadouro. Xa haberá actividades tamén o día 7.
 
A XXIX edición da Feira do Mel do Valadouro terá lugar este sábado, 8 de outubro. Xa o venres haberá actividades previas. 
 
Ás 10:00 horas será a apertura da Feira, que contará ademais de cos postos de mel, con artesanía e obradoiro de velas. Ás 11:30 horas haberá pasarrúas e actuación da A.C. Amado Lar e ás 12:30 horas terá lugar a presentación do caderno nº VI Introdución á apicultura de Gonzalo Calvo Díaz en colaboración co SEVA.
 
Ás 13:00 horas haberá degustación de freixós con mel e ás 14:00 horas sorteo entre todos os asistentes dun lote de produtos e clausura da Feira.
 
Dentro das actividades enmarcadas na XXIX Feira do Mel do Valadouro, o venres, 7 de outubro, terá lugar a...
leer más
24/09/2016
A asociación Ecocultural Liga Céltiga Galaica organiza o XV Encontro nos Penidos. Este roteiro arqueolóxico será o 1 de outubro.
 
Este roteiro arqueolóxico terá lugar na parroquia de San Tomé, O Valadouro, na serra do Xistral. A hora de saída é as 10:00 horas da Casa da Cultura Manuel Lourenzo de Ferreira do Valadouro.
 
Cada participante deberá levar o seu xantar e calzado axeitado como botas ou tenis ferrudos.
 
Os participantes visitarán a anta do Padorno, o círculo lítico do Prado das Chantas, o complexo pétreo das Parañoas e moitos máis lugares como pedrafitas, mámoas, arcas ou croas de interese, todos eles no lugar que se denomina Parque Arqueolóxico dos Penidos.
 
Aínda que non é preciso anotarse con antelación, a organización pide aos asistentes que comuniquen a súa presenza no número de teléfono 600 378 363...
leer más
Etiquetas:
10/09/2016
A Concellería de Cultura do Valadouro organiza un obradoiro de radio xuvenil, que terá lugar do 19 de setembro ao 15 de outubro.
 
Do 19 de setembro ao 15 de outubro no Valadouro terá lugar un obradoiro de radio xuvenil. Levarase a cabo na emisora local, na Casa da Cultura e contará con clases teóricas e prácticas.
 
Está dirixido a persoas con idades entre 12 e 30 anos e as prazas son limitadas. Os interesados poden obter máis información no número de teléfono 982 57 15 16 ou na dirección de correo electrónico omixvaladouro@hotmail.com. 
 
Esta actividade está organizada pola Concellería de Cultura do Concello de O Valadouro.
 
04/09/2016
Ata o 7 de setembro desenvólvese no Valadouro a XXXI Semana de Teatro Afeccionado, que organiza a Concellería de Cultura.
 
Este venres, día 2 de setembro, comezou a Semana do Teatro Afeccionado de O Valadouro coa representación que correu a cargo do grupo de alumnos participantes no obradoiro que se levou a cabo durante o mes de agosto no Concello. A obra que levaron a escena foi a titulada A Madriña, unha adaptación para o grupo do mestre que impartiu a temática, Tom Arenas.
 
A segunda representación é o domingo 4 coa obra Mal Social, orixinal de Paco Piñeiro e que porá en escena o grupo de teatro Ardora de San Ciprián dirixido por María Paz Rodríguez Silva.
 
O luns 5 estrearase un grupo da veciña localidade de San Martiño, O Centiño, que interpretará O Caldeiro Máxico,...
leer más
Etiquetas:
01/09/2016
A asociación Amado Lar organiza o 3 de setembro a XXVIII Mostra Folclórica do Valadouro. Terá lugar na praza de Santa María ás oito e media da tarde.
 
A asociación Amado Lar organiza para este sábado, día 3, a XXVIII Mostra Folclórica do Valadouro que terá lugar na praza Santa María a partir das 20:30 horas. Actuarán os grupos da Asociación de Bai.le y Música Tradicional La Xordia, de Oviedo; da Sociedade Cultural Airiños dos Carrís, de Cerdido; e do colectivo anfitrión: a Asociación Cultural Amado Lar. O evento foi presentado polas representantes da xunta directiva da asociación Amado Lar Mari Carmen Lorenzo, Esther Cora e Nuria García; o concelleiro de Cultura, Eduardo Chao; e o técnico municipal de Cultura, Juan Novás.
 
A membro da directiva de Amado Lar Nuria García explicou que “é unha mostra que se fai anualmente. Haberá un pasarrúas que se fai desde a Casa da Cultura de...
leer más
Etiquetas:
30/08/2016
Os días 16 e 17 de setembro terá lugar o I Festival Músico Vocal Arcadio Mon, que organiza o Seminario de Estudos do Valadouro.

 

O Seminario de Estudos do Valadouro organiza o I Festival Músico Vocal Arcadio Mon os vindeiros días 16 (Alfoz) e 17 (Valadouro). Nel tocarán moitos músicos antigos compañeiros de Arcadio nas diversas orquestras, ademais da Banda de Foz. Igualmente haberá un concurso para novos músicos ata 20 anos.

Desde a organización sinalan que "en anteriores comunicados dixemos que a inscrición no Festival tiña como límite o 31 de agosto. Agora este prazo amplíase ata o 14 de setembro. Os rapaces de 20 anos ou menos interesados en participar poden inscribirse en peinoster@gmail.com". 

Etiquetas:
09/08/2016
A Ponte Vella de Frexulfe, en O Valadouro, acollerá o 11 de agosto a terceira edición da ponte literaria do verán, na que participarán varios escritores mariñáns.
 
O espazo de lecer da Ponte Vella de Frexulfe, en O Valadouro, acolle o 11 de agosto a terceira edición da Ponte Literaria do verán, que contará coa presenza de escritores de varias localidades de A Mariña.
 
Neste encontro, que dará comezo ás 19:00 horas, participarán entre outros lendo as súas creacións Fran Bouso con Palabras de agasallo-Artigo, Iolanda Aldrei con O rapto de Europa-Poesía, Isaac Ferreira con A casa grande-Conto, Lionel Rexes con Monsieur Bocskai-Conto, Manuel Lourenzo con Catro pontes-Documental, Xesús Pisón con O regreso e televisión-Teatro, e Vera Reges con Abrazo de la ola-Conto.
 
Na primeira edición púxose en marcha de xeito...
leer más
31/07/2016
Durante o mes de agosto impartirase un obradoiro de teatro en O Valadouro. Está organizado polo Concellería de Cultura.
 
O Concello de O Valadouro, a través da súa Concellería de Cultura, organiza un obradoiro de teatro para o mes de agosto.
 
Nesta actividade os asistentes aprenderán cualidades para actuar encima dun escenario, interpretar, locución, escenificación e unha das partes máis importantes do teatro afeccionado que é aprender a improvisar.
 
O obxectivo é fomentar e difundir o teatro entre os veciños de O Valadouro sendo este concello berce do teatro.
 
O número de prazas é limitado e para anotarse hai que facelo nas oficinas da Casa da Cultura de O Valadouro ata o martes 2 de agosto...
leer más
19/07/2016
Este xoves, 21 de xullo, terá lugar un encontro literario na Ponte Vella de Frexulfe, en O Valadouro. O evento está organizado pola denominada Ponte Literaria.
 
Os organizadores da Ponte Literaria* reuníronse o día 13 para artellar as actividades do verán 2016; entre outras resolucións, artellouse unha actividade para a semana vindeira.
 
O novo encontro terá lugar o xoves, 21 de xullo ás 17:30 h., no espazo de lecer da Ponte Vella de Frexulfe (O Valadouro).
 
A experiencia consistirá nun exercicio de creación e/ou exposición literaria cunhas condicións básicas. Toda persoa que desexe participar activamente deberá levar un texto (a temática é libre e non se exixe ningún xénero concreto) para ler ou expor de xeito oral, cunha dimensión máxima de un folio.
 
... leer más