A Ponte Vella de Frexulfe, en O Valadouro, acollerá o 11 de agosto a terceira edición da ponte literaria do verán, na que participarán varios escritores mariñáns.

A Ponte Vella de Frexulfe, en O Valadouro, acollerá o 11 de agosto a terceira edición da ponte literaria do verán, na que participarán varios escritores mariñáns.
 
O espazo de lecer da Ponte Vella de Frexulfe, en O Valadouro, acolle o 11 de agosto a terceira edición da Ponte Literaria do verán, que contará coa presenza de escritores de varias localidades de A Mariña.
 
Neste encontro, que dará comezo ás 19:00 horas, participarán entre outros lendo as súas creacións Fran Bouso con Palabras de agasallo-Artigo, Iolanda Aldrei con O rapto de Europa-Poesía, Isaac Ferreira con A casa grande-Conto, Lionel Rexes con Monsieur Bocskai-Conto, Manuel Lourenzo con Catro pontes-Documental, Xesús Pisón con O regreso e televisión-Teatro, e Vera Reges con Abrazo de la ola-Conto.
 
Na primeira edición púxose en marcha de xeito espontáneo unha práctica que a organización ven de adoptar como futuro costume que é a doazón de libros que non se desexe continuar conservando. Por elo animan aos participantes que queiran desfacerse de libros usados a levalos para continuar con esta doazón.