Este roteiro arqueolóxico terá lugar na parroquia de San Tomé, O Valadouro, na serra do Xistral. A hora de saída é as 10:00 horas da Casa da Cultura Manuel Lourenzo de Ferreira do Valadouro.
Cada participante deberá levar o seu xantar e calzado axeitado como botas ou tenis ferrudos.
Os participantes visitarán a anta do Padorno, o círculo lítico do Prado das Chantas, o complexo pétreo das Parañoas e moitos máis lugares como pedrafitas, mámoas, arcas ou croas de interese, todos eles no lugar que se denomina Parque Arqueolóxico dos Penidos.
Aínda que non é preciso anotarse con antelación, a organización pide aos asistentes que comuniquen a súa presenza no número de teléfono 600 378 363.
Á noite haberá unha cea de confraternidade e quen queira participar debe comunicalo ao número de teléfono sinalizado anteriormente antes do 28 de setembro. Esa cea terá lugar no bar San Pedro de Correlos que tamén ofrece hospedaxe para quen queira ficar a durmir nese mesmo lugar.