O 8 de outubro terá lugar a XXIX Feira do Mel de O Valadouro. Xa haberá actividades tamén o día 7.

O 8 de outubro terá lugar a XXIX Feira do Mel de O Valadouro. Xa haberá actividades tamén o día 7.
 
A XXIX edición da Feira do Mel do Valadouro terá lugar este sábado, 8 de outubro. Xa o venres haberá actividades previas. 
 
Ás 10:00 horas será a apertura da Feira, que contará ademais de cos postos de mel, con artesanía e obradoiro de velas. Ás 11:30 horas haberá pasarrúas e actuación da A.C. Amado Lar e ás 12:30 horas terá lugar a presentación do caderno nº VI Introdución á apicultura de Gonzalo Calvo Díaz en colaboración co SEVA.
 
Ás 13:00 horas haberá degustación de freixós con mel e ás 14:00 horas sorteo entre todos os asistentes dun lote de produtos e clausura da Feira.
 
Dentro das actividades enmarcadas na XXIX Feira do Mel do Valadouro, o venres, 7 de outubro, terá lugar a presentación do Caderno número 6 do Seminario de Estudos do Valadouro titulado Introdución á apicultura de Gonzalo Calvo Díaz.
 
O acto comezará ás 20:00 horas no salón de actos da Casa da Cultura Manuel Lourenzo de Ferreira do Valadouro e ademais do autor participará o presidente do SEVA, José Vázquez Peinó.
Gonzalo Calvo Díaz, autor da obra, veterinario da Asociación Galega de Apicultura (AGA), asinará exemplares que poderán ser adquiridos no mesmo salón de actos no que terá lugar a presentación.
 
Tamén o Consello Regulador de Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia da unha conferencia no CEIP Santa María de Ferreira de Valadouro ás 11 da mañá co título O doce mundo do mel en Galicia. Será o 7 de outubro.