Os actores Isabel Risco e Fran Rei poñen en escena a obra Retrincos de Castelao o sábado 15 de outubro ás 20:00 horas no centro sociocultural Manuel Lourenzo de O Valadouro.
Unha achega ao humor na obra do inmortal autor de Rianxo, figura fundamental na nosa historia. A través dun texto de Diego Rei fan un divertido percorrido polo traballo deste intelectual, achegándonos á súa enxeñosa e fascinante forma de ver á Galiza do seu tempo. Ofrécennos o mosaico dunha realidade galega atemporal que nos antecede e nos outorga raíces.
Con esta actividade na que colaboran o Concello de O Valadouro e a Rede Museística Provincial, conmemórase o 2016 Ano Castelao.