O Valadouro
O Valadouro acollerá a terceira edición de Cine na Rúa, da man da Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo e en colaboración coa Área de Cultura do Concello.
Será o 28 de agosto as 21:30 horas con entrada de balde e orientada para público familiar. A filme proxectada será “O último verán en Escocia”, na súa versión en galego, que segundo a crítica “é unha comedia moi entretida cunha forte dose de moralina que case logra emocionar pero, iso si, acada sacar un amplo sorriso e algunha que outra gargallada”.
Trata dun matrimonio en crise que viaxa a Escocia con motivo do 75 aniversario do avó. Como está gravemente enfermo tratan de ocultar a súa difícil situación para que non lle afecte á saúde, pero non lles vai ser nada doado manter o segredo por mor dos seus tres falangueiros fillos.
Farase na Praza de...
leer másBella e o Circo Máxico proxectarase, na súa versión en galego, ao aire libre na Praza de Santa María en Ferreira o 21 de agosto ás 21:30 horas. Entrada de balde. A película está orientada para público infantil/familiar.
Bella e Henry son os mellores amigos do mundo. Xuntos deciden montar un espectáculo de circo na súa pequena cidade, onde Bela asombrará a todos con números de maxia e a axuda de Henry. Pero entón chega Johnny, un novo veciño, con xoguetes caros e unha bicicleta espectacular.
Esta proxección chega da man da Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo e en colaboración coa área de cultura do concello do Valadouro.
En caso de que as prediccións meteorolóxicas non foran as idóneas, a actividade trasladarase ó Salón de actos do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira...
leer másA partir do 20 de agosto o Concello do Valadouro realizará varias rutas guiadas interpretativas para coñecer a contorna da Serra do Xistral, facendo sendeirismo e combinando o coñecemento da natureza co aspecto cultural e histórico.
O 20 de agosto será a Ruta dos Pozos, de dificultade baixa. O 26 será a Ruta Fraga da Furna, tamén de dificultade baixa. O 1 de setembro terá lugar a Ruta Dolmen e Prado das Chantas, de dificultade alta, e por último o 6 será a Ruta Formación Rochosas Picos do Valadouro, tamén de dificultade alta. Todas as rutas comezarán as 9:30 horas e durarán entre dúas e tres horas e media aproximadamente.
As prazas son gratuítas e limitadas a 20 persoas. As persoas interesadas en acudir encontrarán máis información e poderán inscribirse na páxina https://bit.ly/...
leer másO 9 de xullo celebrarase o I Día da Bicicleta no Valadouro. Será unha ruta de 14 quilómetros. Desde o Concello sinalan: “lembrámosvos a celebración o 9 de xullo do I Día da Bicicleta, que organiza a Delegación de Deportes do Concello do Valadouro dirixida polo concelleiro Eliseo Teijeiro”. E engaden: “trátase dunha actividade de lecer para disfrutar con toda a familia e amigos, que consistirá nunha ruta sinxela de 14 quilómetros con avituallamento e sorteos de lotes de produtos entre todos os participantes”.
A inscrición de balde pódese efectuar nas oficinas da Casa da Cultura ata o 2 de xullo de 10:00 horas a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas. A retirada de camisetas e dorsais será o mesmo día 9 de xullo a partir das 16:00 horas no Local Social do Parque Concepción Arenal.
A piscina municipal abre as súas portas desde día 1 de xullo e ata o 31 de agosto con entrada de balde e en horario de 12:00 a 20:00 horas, cunhas instalacións remozadas e con dous vasos (un de xuvenil e adultos e outro de infantil).
Tamén o ximnasio municipal modifica os seus horarios de cara ó verán para poder disfrutar do bo tempo e abrindo as súas portas de luns a venres de 19:00 a 23:00 horas e os martes e os venres de 10:00 a 13:00 horas.
Uns prezos económicos para poder disfrutar del por 10,00€/mes individual, e 9,00€/mes máis por cada familiar que forme parte do bono e se se decide ir por días soltos, 2,00€/día.
Para obter máis información ou para facerse socio hai que poñerse en contacto coas oficinas municipais no 982574000 de 9:00h. a 14:00h. de luns a venres e para cuestións...
leer másNo Valadouro foi inaugurada a exposición “Unha nación, unha selección” organizada pola plataforma social Vía Galega e que conta coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación. A través da mesma perséguese o obxectivo de facer efectivo o dereito a formar seleccións galegas en todos os deportes para competir a todos os niveis, galeguizar o deporte e impulsar a igualdade de xénero.
A exposición consta de 30 paneis a xeito de testimonio fotográfico que abarcan desde as primeiras manifestacións deportivas en Galicia a comezos do século XX ata os nosos días, donde se recollen os éxitos deportivos das nosas deportistas a nivel internacional e olímpico. Percorreu xa os concellos de Viveiro, Foz, Ribadeo e Barreiros.
Asistiron á presentación o tenente alcalde Eduardo Chao, o concelleiro de Deportes Eliseo Teijeiro, o...
leer másO Concello de O Valadouro organiza un curso de Defensa Persoal que se celebrará os días 11 e 18 de xuño.
A actividade desenvolverase no pavillón polideportivo municipal de O Valadouro en horario de 11:00 a 13:00.
As persoas interesadas poden inscribirse ata o 27 de maio na Casa da Cultura en horario de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 ou no número de teléfono 982 148 153.
O curso está orientado a homes e mulleres maiores de 16 anos e o obxectivo é aprender a defenderse dunha agresión. Será impartido polo instrutor nacional de defensa persoal, Julián Martín, quen estará asistido por Alberto Leivas.
O vindeiro 21 de maio (sábado) terá lugar o Festival da Terceira Idade para todas aquelas persoas que teñan máis de 65 anos ou sexan pensionistas. Poderán ir acompañadas dos seus cónxuxes.
As persoas interesadas en participar en dito evento deberán inscribirse nas Oficinas Municipais ata o día 18 de maio.
O Concello do Valadouro celebra o día da clase obreira e da nai coa proxección de Os Fenómenos este sábado, 30 de abril, ás 20 horas no salón de actos da Casa da Cultura. A entrada é de balde.
Para conmemorar o día internacional da clase obreira e ó mesmo tempo o día da nai a Delegación de Cultura do Concello do Valadouro rende unha pequena homenaxe a todas as nais e ós traballadores e traballadoras.
Desde o Concello explican que “a nosa protagonista regresa co seu bebé á súa cidade natal en Galicia. Cando regresa, todo é difícil e só consegue un traballo de obreiro da construción. Sofre a dureza do traballo e o feito de ser muller nun traballo masculino, pero consegue superalo con valentía e en compañía da súa tripulación comezan a ser coñecidas polo construtor como Os Fenómenos pola súa habilidade para...
leer másOs edís nacionalistas do Concello do Valadouro, Eduardo Chao (área de cultura) e Eliseo Teijeiro (área de deportes) presentaron ao público o ambicioso programa do Mercado de Primavera de 2022.
Despois de dous anos de parón por mor da pandemia COVID-19, o concello do Valadouro a través da concellería de cultura volve a organizar o tradicional Mercado de Primavera que nesta ocasión contará con máis de 60 postos entre os que se contará con numerosas demostracións de oficios tradicionais, pero tamén se contará con varios postos de alimentación e artesanía.
O acto principal da xornada consiste na recuperación dun mercado tradicional como os que deron a orixe a principios do século pasadoávila de Ferreira, pero tamén se contará con varios actos e complementos para dar variedade á xornada.
Deste...
leer más