Os concellos de Alfoz e O Valadouro ofrecen servizo de transporte gratuíto para os veciños e veciñas maiores que queiran ir á piscina municipal de Foz os mércores pola mañá desde o 4 de xaneiro ata o 28 de xuño.
Os interesados poden apuntarse a clases de natación ou acceder á piscina para uso libre.
O custe destes servizos correrá a cargo do usuario porque os concellos de Alfoz e O Valadouro asumen só o custo do desprazamento.
As prazas son limitadas e para máis información pódese chamar ao teléfono 982.558.001 (extensión 2), do Concello de Alfoz, ou ao 982.574.036, do Concello do Valadouro.