Dende hoxe, 31 de outubro, está aberto o prazo para inscribirse nas seguintes actividades para persoas adultas:
Ximnasia de mantemento.
-Ferreira – Luns e mércores de 10:00 a 11:00
-O Cadramón – Martes de 18:45 a 19:45
Ioga – Mércores de 18:00 a 19:00
Taller de memoria – Martes e venres de 17:30 a 18:30
Uso de novas tecnoloxías e trámites nas administracións –
Xoves de 17:00 a 18:30
“O prazo de inicio está previsto para o próximo luns, 7 de novembro. Estando condicionado o desenvolvemento das citadas actividades á existencia dun mínimo de 8 participantes en cada unha delas e á dispoñibilidade de monitores”, explican desde o Concello de O Valadouro. As bases poden consultarse en valadouro.gal/servizossociais