Nenos

Etiquetas:
16/06/2015
En xullo e agosto terá lugar en Foz unha nova edición do programa "Aberto por vacacións", que organiza o Concello. Está destinado a nen@s de 3 a 12 anos.
 
O Concello de Foz pon en marcha unha nova edición do programa de actividades denominado Aberto por vacacións, para nenos e nenas de 3 a 12 anos durante os meses de xullo e agosto. A inscrición estará aberta a partir do día 24 deste mes na Casa da Xuventude.
Dende a Delegación Municipal del Xuventude anunciaron hoxe que “o Concello de Foz programa actividades para nenos e nenas de entre 3 e 12 anos para as mañás dos meses de xullo e agosto, en horario de 11 a 13 horas. Combinaranse actividades deportivas, medioambientais, formativas, de praia, etcétera, que farán que o verán sexa entretido e divertido para todos/as os/as participantes”.
Tamén explicaron que “o custo destas actividades é de 10 euros ao mes, podendo inscribirse para un...
leer más
Etiquetas:
09/06/2015
O 29 de xuño arrinca a terceira edición da Escola de Minitalentos de Academia A Mariña, en Burela. Trátase dun programa educativo para fomentar a creatividade e a imaxinación en idades temperás.
 
O 29 de xuño dará comezo a terceira edición da Escola de Minitalentos de Academia A Mariña. A súa directora, Raquel Hermida, cualifica de “éxito a reserva de prazas que estamos a rexistrar”.
A Escola de Minitalentos en Burela inicia a súa terceira edición o día 29 de xuño, “esta escola de Academia A Mariña é un programa educativo para fomentar a creatividade e imaxinación en idades temperás. Desta forma, as intelixencias múltiples (Howard Gardner) son a base deste proxecto estimulando o talento infantil e conseguindo motivar, potenciar e fortalecer ós nenos e nenas para sacar o mellor que levan dentro”. 
Raquel Hermida, a directora da Escola de Minitalentos, destaca que “este proxecto é creado para coñecer as fortalezas e debilidades...
leer más
Etiquetas:
28/05/2015
Ana Isabel Fraga presentará na Librería Bahía, en Foz, o 30 de maio o seu libro "Emociones de cuento". A actividade está recomendada para nen@s a partir de 5 anos e para os seus pais e nais.
Este sábado, 30 de maio, ás seis da tarde estará na Librería Bahía Ana Isabel Fraga,  autora do libro "Emociones con cuento".
 
Este libro ten unha parte na que explica as diferentes emocións e da orientacións ás nais e pais para a educación emocional dos seus fillos, e contos nos que se traballa cada unha delas.
 
A actividade está recomendada para nenas e nenos dende 5 anos e para as nais e os pais.
 
Etiquetas:
08/05/2015
Este sábado, 9 de maio, a música e a maxia invadirán o auditorio da Casa da Cultura de Burela. Será co espectáculo Maxicosons.
 
A Concellería de Cultura de Burela, continuando coa súa Programación Cultural de Primavera, presenta este sábado, 9 de maio ás 17:30 horas, no Auditorio da Casa da Cultura, o espectáculo MaxicoSons. 
MaxicoSons, é unha proposta orixinal en canto á idea de promover a lectura coa presenza dun músico e dun ilusionista e os seus xogos máxicos e musicais. Un espectáculo de maxia con moita música en directo, para o desfrute dos asistentes, composto polo músico Álvaro Muras e o ilusionista Martín Camiña. O espectáculo está dirixido ao público familiar e a entrada ó mesmo será libre.
 
Etiquetas:
07/05/2015
Este sábado, 9 de maio, haberá en Foz teatro musical para @s pícar@s, que gozarán de "A nena e o grilo no país das apertas". Será na Sala Bahía pola tarde.

 

O concelleiro de Cultura de Foz, Ánxel Paleo, anunciou que “este sábado a partir das 6 e media da tarde na Sala Bahía teremos teatro infantil coa compañía A nena e o grilo representando a obra musical titulada A nena e o grilo no país das apertas”.

Etiquetas:
24/04/2015
O domingo, 26 de abril, clausura a tempada a Escola de Teatro da ACD Xove. Será con tres representacións nas que participarán todos os nenos e nenas da escola.
 
Este domingo, 26 de abril, no Salón de Actos do Concello de Xove, a Escola de Teatro da ACD Xove fai a sua Clausura de Tempada, representando tres obras teatrais, na cal van a participar todolos nenos-as da Escola. As obras serán: "Os soños na gaiola",  "O Principe Feliz" e "Os vellos non deben namorarse" e darán comezo as 19:00 horas.
Desde a ACD Xove "animamos a todolos amantes do teatro, a vir ver estas postas en escea, dos nosos pequenos actores e actrices".
Etiquetas:
22/04/2015
Burela celebra o día do libro cunnha mostra de fondos dedicados ao público infantil. E o sábado, 25 de abril, Os Contos de Pablísimo ofrecerán un espectáculo na Casa da Cultura.
 
Con motivo da celebración do Día do Libro o mañá, 23 de abril, na Biblioteca Pública Municipal de Burela, inaugurarase unha mostra bibliográfica de distintos fondos dedicados ao público infantil. Os fondos poderán contemplarse en horario de 9 a 13 horas e de 17 a 20 horas de luns a venres.
Desde a Concellería de Cultural lembran que “o 23 de abril é unha data simbólica para o mundo da literatura. Nese día, no 1616, finou Miguel de Cervantes, Willian Shakespeare e o poeta Garcilaso de la Vega. O 23 de abril é tamén a data de nacemento doutros grandes autores, Maurice Druon, K.Laxness, Vladimir Nabokov, Josep Pla e Manuel Mejía Vallejo. Por elo o 23 de abril foi elixido pola Unesco como o Día Mundial do Libro”.
Asemade , e como remate...
leer más
Etiquetas:
22/04/2015
Librería Bahía, de Foz, acollerá un obradoiro para nenos e nenas de 6 anos en diante, que será impartido pola ilustradora Minia Regos.
 
Este venres, 24 de abril, ás 18:30 horas estará na Librería Bahía a ilustradora Minia Regos, que impartirá un obradoiro de ilustración para nenos e nenas de 6 anos en diante.
Esta actividade servirá de inauguración dunha exposición dos orixinais da súa obra Tac, Tac, Tac, Plof –álbum ilustrado editado pola editorial Narval- que se poderá visitar na Librería Bahía dende o 24 ata mediados do mes de maio.
Minia Regos naceu en Pontevedra e cursou Belas Artes na Universidade de Vigo. Ilustrou, ademais do álbum que poderemos ver na Librería Bahía, outros libros de éxito como Casas de Paula Carballeira ou Kafka e a boneca viaxeira de Jordi Serra i Fabra. 
“Con esta actividade queremos celebrar o día...
leer más
Etiquetas:
21/04/2015
Alfoz celebrará o día do libro o 27 de abril con Sarabela Teatro. Será na Casa da Cultura a partir das tres das tarde.

 

Segundo informa Pepe Peinó "en Alfoz celebramos o Día do Libro para os máis pequenos o luns, 27 de abril, ás 15,00 horas. Estarán connosco na Casa da Cultura os de Sarabela Teatro, nun espectáculo dirixido a nenos de 4 a 12 anos no que haberá música, danza e teatro. Ranpunzel e Grettel Chanetti chegarán en bicicleta con contos express e precisarán da axuda do público para axudar a Camilo Comilón a cociñar os alimentos que lle dan os seus amigos e prepararán saborosas receitas. E de sobremesa suxestivos petiscos doces, tirados do libro Contos silenciosos".

Etiquetas:
16/04/2015
Os máis pequenos teñen este domingo, 19 de abril, unha cita en Ribadeo con Magín Blanco e o seu "Gatuxo".
 
Desde a Concellaría de Cultura explican que “despois do éxito de “A nena e o grilo”, Magín Blanco trae o seu “Gatuxo” a Ribadeo. Trátase do espectáculo músico-teatral para @s pícar@s da casa”.
Será o vindeiro domingo, 19 de abril, ás 17:30 horas no Auditorio Municipal Hernán Naval. O prezo da entrada é de 2,5 euros.