Ensino
A Federación de Comercio A Mariña e Logística Reyco asinaron un convenio de colaboración polo que a empresa de Fazouro (Foz) estará presente nun proxecto que a FCAM levará adiante ao longo dos vindeiros meses nos centros de FP da comarca.
A FCAM e Reyco así o plasmaron no documento asinado polo CEO da empresa de transporte e loxística, Iván Marrube, e pola presidenta da federación empresarial mariñá, Carmen Cruzado. O acto contou coa presenza do presidente do Grupo Reyco, Miguel Rey.
Cruzado Iglesias tivo palabras de agradecemento: “desde a FCAM queremos agradecerlle o seu apoio económico a Logística Reyco, xa que estará presente como entidade patrocinadora nun proxecto nos centros de FP da Mariña no que levamos meses traballando e que nuns días sairá á luz”.
A presidenta da FCAM...
leer másO vindeiro luns, 17 de Decembro, ás 10:00 horas no Auditorio da Casa da Cultura de Burela, alumn@s e profesores da Escola Municipal de Música ofrecerán un concerto para os centros de primaria e secundaria da localidade. O motivo desta iniciativa é achegar a música e os instrumentos aos alumnos destes centros.
O director da Escola Municipal de Música de Burela, Xan Carballal, explica que “as agrupacións participantes son as que están a desenvolver un traballo continuo dentro da Escola e ao longo do curso e por medio delas coñeceremos os instrumentos que forman parte dunha orquestra de corda como son: violíns, violas, violonchelos e contrabaixos. Os instrumentos dunha banda: toda a familia de vento madeira, vento metal e instrumentos de percusión”.
E engadiu que “as obras que se interpretarán serán, sobre todo,...
leer másO programa de atención a inmigrantes da Concellería de Inmigración e Cooperación, como socio do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, colabora co Centro de Información ás Mulleres de Burela para conmemorar os actos do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, realizando unha actividade dirixida ao alumnado de cuarto de educación secundaria e primeiro de bacharelato dos dous IES do noso municipio.
Así mañá, 21 de novembro, ás 11:30 horas haberá un contacontos na Casa da Cultura. O título é Contamos todas, da compañía A Tropa de Trapo.
O vindeiro venres, 12 de decembro, ás 12 da mañá terá lugar no Cine Teatro a proxección da película El camino de vuelta, dentro do programa Cinensino da Concellaría de Saúde e Servizos Sociais ribadense.Nesta edición participan os rapaces de 1o e 2o de ESO. En total 210 alumn@s e uns 20 titores e docentes do IES de Ribadeo e do colexio Sagrado Corazón. Tras visionar esta película El camino de vuelta o profesorado traballará durante uns días a unidade didáctica correspondente, segundo informa Mónica Fernández Lamparte, responsable do Programa Prevención de Drogodependencias e outros Trastornos Adictivos do Concello. Ao longo do curso o alumnado verá e traballará con dúas películas máis.