O 29 de xuño arrinca a terceira edición da Escola de Minitalentos de Academia A Mariña, en Burela. Trátase dun programa educativo para fomentar a creatividade e a imaxinación en idades temperás.

O 29 de xuño arrinca a terceira edición da Escola de Minitalentos de Academia A Mariña, en Burela. Trátase dun programa educativo para fomentar a creatividade e a imaxinación en idades temperás.
 
O 29 de xuño dará comezo a terceira edición da Escola de Minitalentos de Academia A Mariña. A súa directora, Raquel Hermida, cualifica de “éxito a reserva de prazas que estamos a rexistrar”.
A Escola de Minitalentos en Burela inicia a súa terceira edición o día 29 de xuño, “esta escola de Academia A Mariña é un programa educativo para fomentar a creatividade e imaxinación en idades temperás. Desta forma, as intelixencias múltiples (Howard Gardner) son a base deste proxecto estimulando o talento infantil e conseguindo motivar, potenciar e fortalecer ós nenos e nenas para sacar o mellor que levan dentro”. 
Raquel Hermida, a directora da Escola de Minitalentos, destaca que “este proxecto é creado para coñecer as fortalezas e debilidades dos nenos e nenas, potenciar a súa autoestima, conseguir que se relacionen de maneira moito máis aberta, que saiban  falar en público, interpretar personaxes, pensar en abstracto, cantar, bailar, investigar, é dicir, ver máis alá dos libros e materias, preparándoos para o mundo como persoas con talento e valores sociais que nun futuro liderarán o progreso da sociedade.” 
Mediante xogos especializados, traballos de investigación e talleres interactivos potenciaranse as capacidades e habilidades do ámbito das intelixencias múltiples de cada un dos participantes.
Raquel Hermida engade que “esta é a nosa terceira edición do proxecto, e é moi gratificante ver cómo un proxecto tan novidoso teña tan boa aceptación e tanto éxito de resultados nos participantes, nas últimas edicións conseguimos o mellor dos nenos e nenas, potenciar o seu talento. Nesta terceira edición xa temos a metade das prazas reservadas e toda a programación educativa concretada. Tódolos talleres interactivos e actividades que fixemos nas dúas edición anteriores están publicados no blog http://escuelademinitalentos.blogspot.com.es
A escola estará aberta de 08:00 a 15:00 para favorecer a conciliación das nais e pais. Os horarios da escola adáptanse ás familias, “desta forma dámoslles a posibilidade de poder empezar ás 09:00, ás 10:00 ou ás 11:00. A Escola de Minitalentos de Academia A Mariña ofrece prezos especiais para familias numerosas, máis dun irmán matriculado, entre outros. Nestes casos o prezo será de 25 euros por semana ou 100 euros por mes”. 
As familias interesadas en obter máis información e en facer as reservas de prazas poden dirixirse ao seguinte número de teléfono: 982 58 25 08 ou á dirección de correo electrónico: raquel@amarina.org