Natación
A proba disputarase o sábado e o domingo na Piscina Municipal Olímpica. Competirán 233 nadadores de 27 clubs de toda Galicia
O rexedor, Alfonso Villares, recordou que é a segunda proba desta magnitude que acolle a piscina en menos dun mes, logo do Galego Alevín que tivo lugar en xuño, “grazas ás privilexiadas instalacións que temos no Concello e á estreita colaboración que mantemos co CN Xove, que atraen este tipo de campionatos cun gran impacto para a nosa zona xa que se estima que se despracen a Cervo unhas mil persoas na fin de semana”.
O Concello de Viveiro informa dos cursos deportivos para o próximo mes de xullo. Para os adultos ofértase unha ampla variedade de actividades, mentres que a rapazada poderá gozar de cursos de iniciación á natación.
Dunha banda, os nenos/as nados entre os anos 2013 e 2017 poderán inscribirse nun curso de iniciación á natación. As persoas interesadas poderán escoller entre o grupo de luns e mércores ou o grupo dos martes e xoves. A rapazada dividirase en quendas en función da súa idade.
Doutra banda, o Concello de Viveiro oferta variadas actividades para adultos durante o mes de xullo. Concretamente, ofértanse actividades de aquagym, intervalos, TRX, ciclo indoor e natación (niveis iniciación, medio e avanzado). Cada actividade ten o seu propio horario, con dous días á semana.
As persoas...
leer másO Concello de Cervo acollerá esta fin de semana o Campionato Galego Alevín de Natación que se celebrará na Piscina Municipal Olímpica de Lieiro.
Na presentación da proba participaron o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil de deportes, David Rodríguez, o secretario da Federación Galega de Natación, Ramón Mosquera, e o presidente do Club Natación Xove, Alberto Pigueiras.
No campionato, que organizan o CN Xove e a Federación Galega de Natación, coa colaboración do Concello de Cervo, participarán uns 200 nadadores, pertencentes a 24 clubs galegos.
O alcalde, Alfonso Villares, significou a importancia que ten para Cervo “acoller unha competición deste nivel, que supón un escaparate de primeira orde, xa que prevemos que preto de 1000 persoas visitarán o noso municipio ao longo de toda a...
leer másPara a semana que ven a Escola Municipal de Natación de Xove abre a inscrición para os cursos do primeiro semestre do ano 2022, de xaneiro a xuño.
Inscrición para alumnos censados en Xove:
Día: 29 e 30 de novembro.
Horario: de 10:00 a 13:00 horas.
Lugar: Aula Multideportiva Municipal (enfrente da Residencia da 3ª Idade).
Inscrición para alumnos de fóra de Xove:
Día: 1 e 2 de decembro.
Horario: de 10:00 a 13:00 horas.
Lugar: Aula Multideportiva Municipal (enfrente da Residencia da 3ª Idade).
En canto aos cursos:
NIVEIS DE INICIACIÓN: Niveis Branco e Amarelo (+ 5 anos)
Meses de: xaneiro-febreiro / marzo-abril / maio-xuño
Horario: 16:30 H. / 17:30 H. / 18:30 H.
Días: luns-mércores-venres // martes-xoves
NIVEIS...
O Concello de Viveiro lembra que está aberta a preinscrición para os cursos de natación para nenos e nenas, establecendo as seguintes categorías:
- Curso natación infantil: nacidos entre 2015 e 2016.
- Curso natación nenos: nacidos entre 2007 e 2014
- Curso escolas de natación: nacidos entre 2014 e 2005.
O prazo de preinscrición remata o 8 de abril de 2021. O venres, 9 de abril, na piscina municipal, realizarase o sorteo das prazas, que será aberto ao público. A presinscrición para os cursos de nenos pode facerse tanto de forma presencial como por teléfono.
A data de comezo dos cursos será o 12 de abril e o remate o 17 de xuño. Os cursos terán un aforo limitado a catro alumnos por curso, debendo cumprir en todo caso as medidas e limitacións en materia de prevención de COVID-19.
A piscina municipal da Pontenova inicia os seus cursos de natación de verán para nenos e adultos. A presentación será o vindeiro 17 de xullo, ás 13:00 horas para os nenos e nenas e a partir das 20:00 horas para os adultos. Este curso dividirase en dúas sesións semanais (martes e xoves) desde o 21 de xullo ata o 13 de agosto.
O prezo total da tempada serán 30 euros, aínda que se poderá abonar semanalmente cunha tarifa de 8 euros por semana. Ademais, os máis pequenos gozarán de dúas sesións: unha de perfeccionamento entre as 12:00 e as 12:45 horas e outra de iniciación, desde as 13:00 ás 13:45 horas.
Por outra banda, o curso para adultos comezará ás 20:00 horas e finalizará ás 20:45 horas. Os interesados poden poñerse en contacto chamando ao teléfono 686 66 52 77 ou ao 678 72 80 15.
El Concello de Cervo abre el plazo de inscripción en los cursos de natación en la piscina municipal para la temporada 2020-2021. Todas aquellas personas interesadas pueden inscribirse llamando al teléfono 982 59 45 12, de lunes a viernes en horario de 09:00h a 15:00h y tendrán de plazo hasta el próximo 15 de septiembre.
Antes del inicio de la pandemia de la COVID-19, las instalaciones municipales contaban con 800 socios y 250 personas asistentes a los diferentes cursos que ofertaban. Con este nuevo plazo de inscripción, el Concello cervense espera retomar poco a poco muchas de sus rutinas habituales e iniciar una nueva normalidad, siempre velando por la seguridad de sus vecinos.
Este venres, 2 de novembro, ábrese o prazo para inscribirse nos cursos de natación 2019 da Escola de Natación de Xove.
O venres 2 e o luns 5 as inscricións faranse en horario de 10:00 a 14:00 horas, na Aula de Formación, e de 16:30 a 21:30 horas, na oficina da Piscina.
Os demais días, as persoas interesadas en anotarse nos cursos de 2019 da Escola de Natación poderán formalizar a súa inscrición na oficina da Piscina Municipal de Xove.
O Concello de Cervo acollerá esta fin de semana e por terceiro ano consecutivo, o Campionato Galego de Natación de Inverno nas categorías Júnior e Infantil, que se disputará o 2, 3 e 4 de marzo na Piscina Municipal Olímpica de Lieiro.
Na presentación da proba participaron o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil de deportes, José Ramón Soto, o secretario da Federación Galega de Natación, Ramón Mosquera, o xefe do servizo provincial de Deportes, Manuel Otero, o alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e o presidente do Club Natación Xove, Bernardo Rouco.
No campionato, organizado polo Concello de Cervo, en colaboración co CN Xove e a Federación Galega de Natación, participarán 331 nadadores, pertencentes a 25 clubs galegos.
O alcalde, Alfonso Villares, significou a importancia que ten para Cervo “acoller e...
leer más