Natación
26/07/2016
A Piscina Municipal de Alfoz acolle este verán cursos de natación dirixidos a nenos e adultos.
A duración dos cursos é de 1 mes e desenvólvense en horario de mañá de luns a xoves. Os luns e mércores para os adultos, e os martes e xoves para nen@s. Os horarios son ás 12:00 horas para iniciación, 12:45 horas para nivel medio e 13:30 horas no nivel avanzado tanto no caso dos adultos como dos nen@s.
A inscrición é de balde e pode facerse na propia Piscina Municipal de Alfoz.
27/01/2016
O concelleiro de Deportes en Cervo, José Ramón Soto, explicou hoxe que a este campionato “prevese a asistencia de cerca de 300 participantes dos 23 clubs de toda a xeografía galega. Dende o Concello de Cervo entendemos que se trata dun gran evento deportivo, que ademais contribúe dunha forma moi positiva á promoción da comarca da Mariña, xa que esta competición arrastra a visita de moita xente e todo fai indicar que o sector hostaleiro da zona se verá moi beneficiado pola cantidade de xente que acudirá a este evento e que, aparte de presenciar a competición, terán a oportunidade de coñecer os numerosos encantos naturais que ten a nosa comarca”.
José Ramón Soto engadiu que o campionato “contará coas mellores promesas da natación...
leer más 09/04/2015
A piscina municipal de Lieiro acolle este sábado o I Trofeo de Natación Concello de Cervo. Unha competición que reunirá a 119 nadadores dun total de 8 clubs de Galicia, Asturias e Euskadi. En concreto, acudirán o CN Liceo da Coruña, o CN Xove, AD Náutico de Narón, CN Cedeira, CN Avilés, CN PortaMiñá Lugo e CN Barakaldo.
A competición, que está organizada polo CN PortaMiñá de Lugo coa colaboración do Concello, dará comezo ás 11 horas, e incluirá as categorías de infantil, junior e absoluta; mentres a entrega de medallas individuais e o trofeo ao equipo campión está prevista para as 13:30 h.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil de Deportes, Luis Guillén, o presidente do Club Natación Porta Miñá Lugo, Fernando Timiraos, e a...
leer más