Nadal

Etiquetas:
02/12/2023

O Concello de Cervo vén de presentar o seu tradicional calendario de Nadal que irá chegando nos próximos días a cada un dos fogares cervenses.

Nesta ocasión, o almanaque está protagonizado polas asociacións culturais e polos colectivos de mulleres do municipio “cuxa actividade é absolutamente esencial no día a día do muncipio”, precisou a rexedora, que cederon cadansúa instantánea para ilustrar mes a mes este almanaque tan especial.

A alcaldesa, Dolores García Caramés, a tenente de alcaldesa, Mali Méndez, a edil de Muller e Igualdade, Pilar Armada e o concelleiro de Zona Rural, Adrián Arias, mantiveron un encontro cos representantes dos diferentes colectivos no salón de plenos do Concello, para amosarlles de primeira man o resultado da recompilación fotográfica, e para entregarlles os primeiros exemplares deste...

leer más
Etiquetas:
02/12/2023

O acendido oficial será ás 19:30 horas na Praza do Concello, dando así o pistoletazo de saída a máis dun mes de actividades, que se prolongarán ata o día de Reis. 

Tras este acto, acompañado da agrupación musical Dambara-Santo Inocencio, terá lugar a actuación do grupo de rock The Hot Tubes sobre o escenario da Praza da Mariña. 

A banda porá ritmo á tarde navideña burelesa a partir das 20:00, interprentando en directo os temas máis relevantes do pop rock nacional e internacional.

 

Etiquetas:
01/12/2023

O alumeado de Nadal de Vilaronte, parroquia do municipio de Foz, será inaugurado este domingo, 3 de decembro, ás 19:00 horas no atrio da igrexa de Vilaronte.

Esta actividade está organizada pola Asociación Cultural O Atrio, que anuncia: “despois do acendido para pasar un bo rato tod@s xunt@s contaremos coa actuación do grupo Mar Aberto, de Foz, e haberá caldo de pita e chocolate quentiño, que estes días de frío entra moi ben. Tamén teremos sorteos e estade atentos porque ese día acontecerá algo que non pasa en Vilaronte dende 1986. Estamos seguros que vos gustará a tod@s, sobre todo aos máis peques”.

Este evento conta colaboración do Concello de Foz.

Etiquetas:
30/11/2023

A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo ven de presentar a súa campaña de Nadal, que inclúe panxoliñas, obradoiros para os máis cativos da casa, un photocall moi especial na rúa Rodríguez Murias, e a XIII Festa do Comercio. 

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, anunciou que “vai comezar decembro e Acisa pon en marcha os seus motores á máxima potencia para, xunto co Concello de Ribadeo, facer da nosa vila o destino navideño de referencia. Á programación xa anunciada fai uns días, que inclúe a pista de xeo, a celebración da XIII Festa do Comercio e outras moitas actividades anunciadas por parte do Concello, desde Acisa pretendemos completalas con algunhas mais”.

Cruzado Iglesias subliñou que “o que queremos dende a nosa asociación é contribuír a crear e manter o espírito destas...

leer más
Etiquetas:
30/11/2023

O Concello de Burela celebra esta semana, nos días 2 e 3 de decembro, o seu mercado de nadal, que terá lugar na carpa situada na praza da Mariña.

O horario de funcionamento do mercado será de 11:00 a 20:00 tanto o sábado como o domingo. Ademais, o sábado día 2, de 11:30 a 13:30 e de 17:30 a 19:30, haberá obradoiros infantís coas monitoras da aula Gaia de educación medioambiental.

A convocatoria para participar no mercado, aberta a principios de mes para asociacións, entidades, artesáns e comerciantes, resultou ser un éxito, e o mercado contará finalmente con 30 postos de todo tipo.

A concelleira de Comercio de Proximidade de Burela e responsable da aula Gaia, Lina Gómez Pardo,anima a veciñanza a acudir ao mercado “para seguir dinamizando o comercio local nestas datas sinaladas, algo...

leer más
Etiquetas:
30/11/2023

O alcalde, Dani Vega, anima á veciñanza a achegarse ao parque de San Francisco ás sete da tarde. Tamén se inicia o Mercado do Nadal, que se prolongará ata o día 10 na contorna da praza de abastos. 

O rexedor dixo que “mañá, venres, inauguramos o Nadal. Acenderemos o alumeado a partir das sete da tarde, despois inauguraremos o Mercado do Nadal e a continuación o photocall de Acisa para promocionar a nosa vila. E a partir de aí serán todas as actividades”.

Vega subliñou que “todos os días hai algo en Ribadeo. Sempre hai unha disculpa para vir visitar Ribadeo e os veciños e as veciñas teñen todos os días unha actividade arredor do Nadal”.

O alcalde convida a asistir: “mañá convidamos a todos os que queiran acompañarnos no parque de San Francisco ao acendido do alumeado de Nadal”. 

 ...

Etiquetas:
30/11/2023

O Concello de Riotorto organiza unha comida de Nadal para o día 20 de decembro, mércores, ás 14:30 horas.

O comida será servida por Mesón O Sarredo e o menú inclúe empanadillas, callos, costela con patacas fritas, sobremesa e café. E actuará o dúo Estrellas. O prezo é de 25 euros por persoa.

Para participar hai que apuntarse nos Centros Veciñais ou no Concello antes do 17 de decembro.

 

Etiquetas:
30/11/2023

O Concello de Xove convoca a quinta edición do concurso escaparates de Nadal “ao obxecto contribuír á promoción do comercio local, promover a creatividade dos establecementos e incentivar que os establecementos comerciais de Xove decoren os seus escaparates con motivos de Nadal de cara ás próximas festas, de maneira que sexan máis atractivos para a veciñanza e clientela á vez que contribúan a crear un especial ambiente festivo na rúa”.

Poderán participar no concurso todos aqueles establecementos situados en Xove e que teñan unha vitrina, independentemente do produto que oferten ao público: locais comerciais, perruquerías, centros estéticos, establecementos de hostalaría, despachos de oficinas, centros formativos, etcétera. A folla de inscrición deberá presentarse no Rexistro de Entrada do Concello de Xove (presencialmente ou en liña:...

leer más
Etiquetas:
29/11/2023

O Concello de Foz ten preparada unha programación para as vindeiras semanas cargada de actividades. Para esta primeira semana de decembro o protagonismo é para o acendido do alumeado de Nadal, que se fará este venres, 1 de decembro.

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia: “este venres, 1 de decembro, ás 18.30 horas na praza Conde de Fontao prenderemos o botón de acendido das luces de Nadal. Este é o primeiro evento dun Nadal cargado de actividades para os máis pequenos e para os maiores. Estaremos acompañados pola Banda de Música de Foz, que comezará a súa tempada de concertos de Nadal; agradecémoslles sempre a súa boa disposición a participar nos eventos do concello”.

O alcalde, Fran Cajoto, explica: “será un día cheo de sorpresas e ilusión para os máis pequenos. E ao longo do mes iremos colocando...

leer más
Etiquetas:
29/11/2023

A Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo representará O Quebranoces o 1 de decembro no auditorio municipal Hernán Naval. 

A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, explicou que “este venres, 1 de decembro, a sección de Danza da EMMeD de Ribadeo porá en escena O Quebranoces, como adianto do Nadal. Será para 500 escolares de Primaria e tamén para as usuarias e usuarios do centro de día”. As sesións serán ás 10 e ás 11:30 horas.

A edil ribadense indicou que “servirá para achegar a danza a un público quizais non acostumado a este tipo de espectáculos”.

Sanjurjo engadiu: “agradecemos ao alumnado e ao profesorado da Escola de Música e Danza o esforzo para levar a cabo dúas funcións na mañá deste venres. Grazas de corazón”.