Lourenzá

Etiquetas:
01/04/2015
O Concello de Lourenzá organiza unha charla o 9 de abril sobre a venta directa dos produtos primarios para recuperar o Mercado das Prazas, que se celebraba os domingos.
 
O Concello de Lourenzá organiza unha charla sobre a venta directa de produtos primarios para o día 9 deste mes, xoves, ás 20 horas no salón de actos municipal. Correrá a cargo da directora xeral de Produción Agropecuaria da Xunta de Galicia, Patricia Ulloa, e será un paso máis cara a recuperación do Mercado das Prazas, que se celebraba en Vilanova de Lourenzá os domingos e que deixou de facerse hai catro décadas.
A alcaldesa, Emma Álvarez Chao, explicou que “seguindo co ciclo de charlas que facemos mensualmente o vindeiro día 9, xoves, ás oito da tarde celebraremos a do mes de abril. O tema é o decreto da venta directa de produtos agrícolas, que é o 125/2014 de 4 de setembro e regula en Galicia a venta directa dos produtos primarios desde as explotacións aos consumidores....
leer más
Etiquetas:
31/03/2015
O pavillón municipal de Lourenzá acollerá o 19 de abril un festival folclórico infantil organizado pola asociación cultural Osorio Gutiérrez.
 
O pavillón municipal de Lourenzá acollerá o día 19 do vindeiro mes de abril, domingo, ás 18:30 horas un festival folclórico infantil organizado pola asociación cultural Osorio Gutiérrez.
Ademais do grupo anfitrión, pertencente ao colectivo organizador do evento, participarán O Arco da Vella, de San Miguel de Reinante, e Saíñas, de Xove.
A entrada para asistir a este festival folclórico infantil será gratuíta.
 
Etiquetas:
28/03/2015
O recinto feiral de Lourenzá acollerá o 2 de abril (Xoves Santo) a segunda festa dedicada ás fabas con callos. Está organizada pola Comisión de Festas de Santa Cruz 2015.
 
O recinto feiral de Lourenzá acollerá a segunda festa gastronómica dedicada ás fabas de Lourenzá con callos o día 2 de Abril, Xoves Santo, a partir das 21:30 horas. Este evento está organizado pola comisión de festas de Santa Cruz 2015 e foi presentado na Casa do Concello pola alcaldesa, Emma Álvarez Chao; o concelleiro de Deportes e Xuventude, Pablo Maseda; José Cuadrado, Sandra Gómez, Manuel Cajoto e Ramón Iglesias, como integrantes do colectivo organizador.
A rexedora municipal explicou que “o Concello considera importante colaborar un ano máis con esta festa posto que  axuda a recuperar tradicións, un prato típico do noso concello ao mesmo tempo que se traballa na diferenciación para a nosa faba de Lourenzá. Esperemos que se sumen establecementos da vila e que nun...
leer más
27/03/2015
O 30 de marzo será inaugurado en Lourenzá o roteiro literario Francisco Fernández del Riego. Concello e Consellería de Cultura asinaron o convenio para o seu inicio.
 
A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, e o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, asinou o convenio para o Roteiro Literario Francisco Fernández del Riego, que será inaugurado o vindeiro luns, día 30. Na xuntanza tamén falaron da necesidade de rehabilitar o mosteiro de San Salvador e de melloras para o colexio Juan Rey.
“Mantiven unha reunión co conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, onde o eixo principal foi asinar o convenio de colaboración para a realización do Roteiro Literario Francisco Fernández del Riego, algo que finalmente se concretou agora coa firma deste convenio. Os traballos para materializar xa esta ruta están moi avanzados e inaugurarase como tal o vindeiro luns ás cinco da tarde por parte do secretario xeral de Cultura”, explicou a...
leer más
24/03/2015
O Pazo de Tovar será escenario este sábado, 28 de marzo, de varias actividades para celebrar o primeiro aniversario da súa apertura despois da restauración.
 
A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, deu a coñecer esta mañá as actividades programadas o vindeiro sábado para celebrar o primeiro aniversario da apertura do Pazo de Tovar tras a súa restauración. Haberá un concerto de cantigas de amigo, acceso gratuíto ese día pola tarde ás instalacións e inauguraranse dúas exposicións. 
A rexedora explicou que “o vindeiro sábado, 28 de marzo, cúmprense un ano dende que a Fortaleza de Tovar abriu as súas portas nun conxunto para que todos os visitantes, foráneos e tamén veciños do concello, puideran coñecer esta xoia arquitectónica que temos e que é única na Mariña de Lugo. Hai que ter en conta que é un pazo do século XVI que ten un aire castelán e polo tanto é un pazo diferente aos que estamos acostumados a ver na nosa xeografía...
leer más
18/03/2015
Terras de Lourenzá realizará a ruta dos Muíños de Poñente, en Castroverde, o vindeiro domingo, 22 de marzo.
 
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá realizará a ruta dos Muíños de Poñente, en Castroverde, o vindeiro domingo, 22 de marzo. Segundo explican os organizadores “a distancia desta ruta é de 12 quilómetros e a dificultade de realización é media-baixa. A comida será por libre na feira de Castroverde. As persoas interesadas en inscribirse poden facelo ata mañá, 19 de marzo, ás dúas da tarde por correo electrónico terrasdelourenza@gmail.com ou por teléfono no 982 12 10 06 (Pepe) ou 658 09 71 33 (Miguel).
O prezo para os socios será de 5 euros e para os non socios de 8 euros. A saída para a ruta será o domingo ás 8:30 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá. 
 
17/03/2015
Lourenzá acollerá diversas actividades para rapaces de 7 a 17 anos este sábado, 21 de marzo, e tamén durante a Semana Santa.
 
Lourenzá acollerá diversas actividades para rapaces de 7 a 17 anos este sábado, día 21, e do 28 de marzo ao 1 de abril. Están organizadas pola asociación Chao de Castro-Altair e contan coa colaboración do Concello, segundo deu a coñecer esta mañá a concelleira de Educación e Cultura, Lupe Flórez. 
A edil popular sinalou que “desde o Concello de Lourenzá vimos de colaborar coa asociación Chao de Castro-Altair na realización dunha actividade de grande acampada, que terá lugar o vindeiro sábado, 21 de marzo, na praza do Conde Santo. Trátase dun xogo de acampamento e pistas, que terá como escenario distintos lugares significativos da nosa vila”.
Lupe Flórez dixo que “o Concello colabora con dita asociación na cesión de espazos e...
leer más
Etiquetas:
16/03/2015
O Concello de Lourenzá organiza un obradoiro de cestería para nen@s a partir de 8 anos de idade. Será na vindeira Semana Santa.
 
Lourenzá acollerá un obradoiro de cestería para nenos e nenas a partir de 8 anos de idade, que se desenvolverá na vindeira Semana Santa, concretamente os días 30 e 31 deste mes e o 1 de abril. O prazo de inscrición rematará o día 26 de marzo.
A concelleira de Educación, Lupe Flórez Seivane, explicou que “nas vindeiras vacacións de Semana Santa vaise desenvolver un obradoiro de cestería dirixido a nenos e nenas a partir de 8 anos, que terá un custo de 8 euros para materiais e que se desenrolará os días 30 e 31 de marzo e o 1 de abril. As prazas son limitadas e polo tanto respectarase rigorosamente a orde de inscrición dos anotados. Somos conscientes de que temos que ter un grupo mínimo de nenos para poder levar a cabo a actividade. O prazo para anotarse finaliza o 26 de...
leer más
09/03/2015
En Lourenzá terá lugar unha charla informativa sobre o funcionamento do banco de terras. Será o venres 13 e correrá a cargo de Carlos Díaz Redondo.
 
O salón de actos da Casa do Concello de Lourenzá acollerá unha charla informativa sobre o funcionamento do Bando de Terras este venres, día 13, ás 20:30 horas. Correrá a cargo do enxeñeiro agrónomo de BANTEGAL Carlos Díaz Redondo.
A alcaldesa, Emma Álvarez Chao, anunciou que “seguindo co ciclo de charlas que mensualmente fai o Concello, este venres, día 13, ás oito e media da tarde teremos un acto moi importante tanto para agricultores como para gandeiros e tamén para aquelas persoas propietarios de terras que non as utilicen na actualidade. A charla leva por título O Banco de Terras: o seu funcionamento e estará impartida por un enxeñeiro agrónomo do BANTEGAL, Carlos Díaz Redondo”.
A rexedora municipal explicou que “é moi importante...
leer más
Etiquetas:
04/03/2015
O Concello de Lourenzá organiza un café calceta este sábado, 7 de marzo, para conmemorar o Día da Muller. Participará unha veciña que traballa de camioneira.
 
O Concello de Lourenzá organiza un café calceta este sábado, día 7, a partir das cinco da tarde no Torreón dos Frades para conmemorar o Día da Muller. Nesta actividade participará a veciña do municipio María Geada Díaz, que ten 58 anos de idade e traballa de camioneira.
A alcaldesa, Emma Álvarez Chao, anunciou hoxe que “con motivo do Día da Muller, que se conmemora o próximo domingo, 8 de marzo, dende os Servizos Sociais do Concello de Lourenzá consideramos oportuno sumarnos, unha vez máis, ás celebracións dese día. Organizamos para o sábado día 7 ás cinco da tarde un café calceta no que contaremos coa presenza dunha veciña do noso concello, María Geada Díaz. É unha muller que é un exemplo de loita e de superación nun mundo considerado de homes ata hai moi pouco tempo. Ten...
leer más