A praza do Conde Santo de Vilanova de Lourenzá acollerá a proxección do documental "A última viaxe do afiador". Será este venres, 24 de xullo.

A praza do Conde Santo de Vilanova de Lourenzá acollerá a proxección do documental "A última viaxe do afiador". Será este venres, 24 de xullo.
 
O documental A última viaxe do afiador , de Aitor Rei, proxectarase na Praza do Conde Santo, de Vilanova de Lourenzá, este venres, 24 de xullo, ás 20:30 horas. É unha cita organizada pola asociación de nais e pais de alumnos (ANPA) do colexio Juan Rey e patrocinada pola Deputación de Lugo, coa colaboración do Concello de Lourenzá.
O documental, que foi finalista da XII edición dos Premios Mestre Mateo, retrata un oficio tradicional case desaparecido nos pobos de Galicia: o do afiador. A proxección forma parte do proxecto Achega. Cinema en Movemento, para dar a coñecer o patrimonio cultural e etnográfico a través de asociacións, concellos ou centros de ensinanza.
En caso de choiva a proxección trasladarase ás instalacións do mercado comarcal gandeiro.