O Concello de Lourenzá ofrece visitas guiadas ao Mosterio de San Salvador todos os días da semana, agás os domingos.
Os horarios son: de luns a venres, ás 12:00 e ás 17:00 horas; e os sábados ás 12:00 horas.
A visita é gratuíta os luns e o resto da semana o prezo é de 3 euros.
As persoas interesadas poden obter máis información e facer as reservas nos números de teléfono 982 121 006 e 646 384 124, e a través do correo electrónico lourenzaturismo@outlook.es.