Foz
A localidade focega de A Espiñeira celebra as festas na honra da Virxe do Pilar os días 11 e 12 de outubro, mércores e xoves.
O mércores a partir das 22:30 horas haberá verbena amenizada pola orquestra Saudade e a disco móbil Eventec co DJ Cosme. Sortearase un agasallo valorado en 150 euros.
E o xoves a partir das 12:00 celebrarase misa solemne e procesión amenizada pola Banda Municipal de Música de Foz. E a continuación, sesión vermú prolongada a cargo do grupo Kalima 3.0.
No recinto da festa haberá carpa.
A partir do 17 de outubro desenvolverase no Concello de Foz o programa de formación Galegas Dixitais, para a dixitalización de mulleres do rural. Impartirase na Aula CeMIT, sita na Casa da Xuventude.
A concelleira de Muller e Igualdade, Elena Martínez Pena, explica que “o programa, que consta de tres cursos, levarase a cabo nos meses de outubro e novembro e vai orientado a mulleres demandantes de emprego ou inscritas en solicitude de mellora do mesmo. Cada módulo consta de 40 horas máis 5 horas de formación en igualdade e van desde o curso de Competencias Dixitais Básicas (do 17 ao 30 de outubro), o curso de Competencias Dixitais Avanzadas (do 31 de outubro ao 14 de novembro) ata o último, que será o curso de Iniciación en Competencias Básicas para o Emprendemento (do 15 ao 28 de novembro). Unha vez rematada a formación entregarase aos...
leer másDo 12 ao 14 de outubro celebrarase en Foz a October Fest, que organiza AciaFozCCA.
Na cita participarán sete locais hostaleiros: Augas Santas, Bar 78, Dandy Restaurante, Marexada, Namarinos, O Muelle Bar e O Tangarte.
O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, explicou que “a cervexa vai ser a protagonista desas tres xornadas de festa, que se desenvolverán durante a ponte de outubro. Nos negocios participantes poderemos atopar moitas posibilidades desde as clásicas ata as artesás e de autor”.
Paleo subliñou que “o obxectivo é dinamizar esa ponte na que a Foz e á comarca da Mariña se achegará moita xente aproveitando o inicio do outono e o bo tempo do que seguimos a gozar”.
O presidente de AciaFozCCA dixo que “a nosa asociación participa na campaña do Bono...
leer másA preocupación polo cambio climático é un dos motores do programa Onda ODS, que o vindeiro luns, 9 de outubro, comezará a emitir Radio Foz, conxuntamente con outros 240 medios locais do Estado.
A emisora municipal de Foz explica que “os contidos pretenden achegar ao local os Obxectivos de Desenvolvementno Sustentables (ODS) definidos pola ONU en 2015. Poñerase especial atención á igualdade de xénero, turismo sustentable, promoción da agricultura ecolóxica e da pesca, redución de residuos plásticos e á loita por unha educación de calidade. Ademais dos programas -con formato reportaxe e duns dez minutos de duración- a iniciativa Onda ODS Empeza por ti tamén propoñerá aos oíntes de Radio Foz a formulación de retos individuais que vaian na liña dos obxectivos marcados. Ademais do espazo radiofónico e dos podcast, os retos individuais irán...
leer másO Concello de Foz comeza este domingo, día 8 de outubro, as actividades para conmemorar o Mes da Biblioteca e engade á súa programación clases de baile de verbena.
A Delegación de Cultura, na súa Área de Biblioteca, conmemora este outubro o Mes das Bibliotecas cunha programación especial que se desenvolverá na Casa da Cultura Poeta Manuel María e dará comezo o vindeiro domingo día 8. “Queremos conmemorar o Día Internacional das Bibliotecas con programación durante todo o mes de outubro. Ademais facémolo en colaboración coa Concellería de Igualdade e as actividades están relacionadas con ese ámbito”, explica a concelleira de Cultura, Inés López Couto.
Este domingo, día 8, ás 11.30 horas no salón de actos da Casa da Cultura Pakolas encherá de música o lugar co espectáculo Ramona na órbita. A dona do tempo, un...
leer másA comparsa Ruxe Ruxe, de Vilaronte, organiza unha festa de Samaín para o día 28 de outubro, sábado, na Sala Bahía, de Foz.
De 16:00 a 20:00 horas terá lugar unha festa infantil con actividades como pintacaras, xogos populares e animación musical, colchoneta, etcétera. Ademais o mago Martín Carmiña presentará o espectáculo ‘Ilusións sen azucre industrial’ e haberá tamén scape room, mesa doce e concurso de cabazas.
E a partir das 23:30 horas será a Noite Tenebrosa amenizada polo DJ Pedro Brmudz, na que haberá sorteos e sorpresas.
A asociación O Noso Foz e o Concello de Foz veñen de presentar a elección do rei ou raíña do Entroido 2024, evento que terá lugar na Sala Bahía o próximo 14 de outubro, sábado, a partir das 19:30 horas. Desde a organización confirman que son sete os candidat@s que se postulan a dar relevo a Uxía Valmayor Forés e “todos demostran unha tremenda ilusión por representar o Entroido de Foz o vindeiro ano”, destaca a concelleira de Cultura, Inés López.
O concelleiro de Festas, Ángel Fernández, sinala que “os sete candidatos son nomes coñecidos na vila de Foz pola súa participación activa no Entroido e case todos pertencen a algunha asociación vinculada a este”. Os aspirantes son: Dérek Pérez Fernández, da comparsa Ruxe Ruxe; Carlota Fernández del Riego, da comparsa As Trouleiras; Coral Rey Oliveros, da comparsa Sin Xeito; Lucía López Lombardero,...
leer másO Concello de Foz organiza bailes con actuacións musicais os sábados en Cangas e os domingos na Sala Bahía desde outubro. Os da vila empezan mañá, día 1.
Está actividade foi presentada polo alcalde, Fran Cajoto, e pola concelleira de Servizos Sociais e Benestar, Ana Rojo.
O rexedor contou que “comeza en Foz a tempada de bailes, a etapa máis musical este mes de outubro e ademáis con novidades porque con respecto ano pasado non só haberá bailes os domingos senón que os sábados vanse celebrar en Cangas, grazas tamén á colaboración da asociación de veciños. E ademais teremos o baile habitual na Sala Bahía”.
A concelleira de Servizos Sociais e Benestar, Ana Rojo, explicou que “o día 1 de outubro comezamos na Sala Bahía con José Manuel Abanico e xa a seguinte fin de semana teremos baile en Cao...
leer másA asociación cultural A Pomba do Arco organiza o 6 de outubro ás 20:00 horas no Cenima, de Foz, a proxección dun documental sobre a loita dos veciños da Mariña contra a central nuclear de Xove.
O acto estará introducido por un dos protagonistas daqueles feitos, o viveirense Francisco Luís Rodríguez Guerreiro.
Este domingo, día 1 de outubro, empeza a nova tempada dos Bailes dos Domingos na Sala Bahía de Foz. Nesta ocasión actuará José Manuel Abanico.
E xa están programadas as actuacións para os seguintes domingos de outubro: o día 8 o baile estará amenizado polo dúo Venús, o 15 actuará Aixa Romay, o 22 a música estará a cargo do dúo Matices e o último domingo do mes, o día 29, actuará Manu Contre.