Foz

Etiquetas:
30/10/2023

Os mércores 8, 15 e 22 de novembro ás 20:00 horas na Casa da Cultura de Foz terá lugar unha nova edición do ciclo de charlas médicas que o Concello de Foz está a organizar estes últimos anos en colaboración co Hospital Público da Mariña.

A concelleira de Sanidade, Comercio e Turismo, Kathy Navarro, anuncia: “este ano comezamos o mércores 8 con Maite Lanza Méndez, traballadora social e técnica responsable das actividades de prevención da Unidade de Drogodependencias, que nos vén falar de Deixar de fumar: por que e como? O mércores 15 o urólogo Marco Antonio García Expósito centra a súa charla na Próstata: que deberíamos saber? E remataremos esta edición o mércores 22 co psiquiatra Diego Gonzalez Peña, que comentará sobre A saúde mental na actualidade”.

A edil de Sanidade xunto co alcalde de Foz, Fran Cajoto,...

leer más
Etiquetas:
26/10/2023

A asociación cultural A Pomba do Arco convida a asistir a unha xuntanza conversa titulada "Situación e futuro da prensa en Galiza", un encontro  que organiza Nós Diario para festexar a saída do número 1000 do xornal. 
 
O acto desenvolverase o 10 de novembro ás 20:00 horas na Casa da Cultura de Foz e nel intervirán María Obelleiro e Xoán Costa, directora e presidente do consello de administración de Nós Diario, respectivamente.
 
Desde A Pomba do Arco sinalan: “agardamos a vosa participación nesta xuntanza na que cada quen ten a oportunidade de dialogar e de expoñer a súas opinións sobre a situación e o futuro da prensa en Galiza”.

 

Etiquetas:
24/10/2023

A asociación Os Sendeiros, de Foz, organiza para o 12 de novembro, domingo, unha ruta desde o Barqueiro ata Estaca de Bares. A saída desde Foz será ás 08:00 horas e ás 08:20 horas desde Ferreira do Valadouro.

Os prezos desta actividade, incluído o xantar, son: 35 euros para socios federados, 40 euros para socios non federados e 45 euros para socios temporais.

O prazo para anotarse remata o 8 de novembro e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.

Para participar nesta ruta, que é de dificultade media, a organización recomenda  levar equipo de sendeirismo.

 

Etiquetas:
22/10/2023

A gala celebrouse onte á noite na Sala Bahía. A raíña do Entroido 2024 será coroada nunha grande cena, que terá lugar o vindeiro ano. 

Carlota Fernández del Riego collerá o testigo de Uxía Valmayor, a raíña de 2023. 

Á elección celebrada onte presentáronse 7 candidat@s: Dérek Pérez González, da comparsa Ruxe Ruxe; Carlota Fernández del Riego, da comparsa Trouleiras; Coral Rey Oliveros, da comparsa Sin Xeito; Lucía López Lombardero, de Malo Será; Julio Villarino Neira, do grupo Vanche Galanas; Manuel Sanjurjo Rodríguez, de la comparsa Os Macanudos, de Barreiros, e María Díaz Villamor.

O Entroido de Foz foi declarado festa de interese turístico galego hai uns meses. 

 

Etiquetas:
21/10/2023

O venres 27 de outubro estará na Libraría Bahía, ás 20:30 horas, Celia Recarey.

Celia Recarey, ademais de tradutora, é editora de Irmás Cartoné, que  publica traducións ao galego de novelas de distintas tradicións literarias e de distintas épocas.

As súas traducións son exquisitas así como a propia edición das mesmas. Conta entre as súas autoras con nomes como Virginia Wolf, Silvia Plath ou Margaret Atwood.

Desde a Libraría Bahía explican que “falaremos con Celia sobre a vida dunha pequena editorial, a tradución literaria nos tempos da intelixencia artificial, a selección de títulos a editar, e moitos outros temas ben interesantes para calquera que ame a literatura”.

 

Etiquetas:
18/10/2023

O evento para elixir a raíña ou rei do Entroido de Foz 2024, que fora aprazado polos incendios forestais da pasada semana, será este sábado, 21 de outubro, na Sala Bahía, a partir das 19:30 horas.

A asociación O Noso Foz anuncia que “o prezo da entrada, recurso indispensable para poder votar, é de 2 euros. Os menores de 14 anos entran gratis. Haberá servizo de barra. A noite estará amenizada por DJ Alejandro Martínez. A cea quedará en mans de Espacio Machete e haberá moitas sorpresas. Non te esquezas do teu disfrace. Non volo podedes perder! Esperámosvos! Desexámoslles a maior das sortes a todos os candidatos/as! Estamos seguros de que todos serán dignos representantes do noso queridísimo Entroido”.

Etiquetas:
17/10/2023

A Aula Universitaria de Foz, da UNED Lugo, ten aberto ata este sábado, 21 de outubro, o prazo de matrícula para o curso de acceso a maiores de 25 e 45 anos. E o luns, día 23, rematará para calquera dos seus 30 graos e 21 graos combinados sen límite de prazas, aos que se pode acceder sen nota de corte e con prezos públicos. Anunciouno hoxe, luns, a concelleira de Aula Universitaria, Elena Martínez Pena.

Uned Lugo continúa a implantación no curso académico 2023-24 do Grao en Educación Infantil, que completa a oferta da súa Facultade de Educación, preparando futuros graduados dedicados á formación de nenos durante a primeira infancia de 0 a 6 anos; e do Grao en Enxeñaría da Enerxía, que se engade á ampla oferta da súa Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais e que fai fronte aos retos tecnolóxicos para formar profesionais capaces de...

leer más
Etiquetas:
17/10/2023

As dúas vindeiras semanas o cine será o protagonista. Volve o Ciclo Mestre Mateo en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual e a Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

A concelleira de Xuventude, Zoraida Coira, presentou a programación completa na que se poderá gozar das mellores películas e documentais deste ano, no que ademais haberá dous filmes para as/os máis pequenas/os.

Mércores, xoves e venres ás 20 horas para os documentais e películas e os domingos ás 17:30h para a animación infantil. A entrada é de balde.

 

Etiquetas:
13/10/2023

A asociación O Noso Foz e o Concello de Foz veñen de anunciar o aprazamento do acto de elección do rei ou raíña do Entroido de Foz 2024, que estaba programado para mañá, sábado 14 de outubro, na Sala Bahía de Foz, por mor dos incendios que seguen activos nas parroquias de Santa Cilla e San Acisclo.

“Por fortuna non hai que lamentar danos persoais nin tampouco hai vivendas afectadas, pero vémonos na obriga de aprazar o acto que se ía celebrar mañá á espera de como poida evolucionar a situación”, sinalan desde a organización, que engade: “desexamos que se extingan o máis rápido posible e queremos agradecerlle o seu traballo aos corpos e forzas de seguridade, bombeiros, traballadores de Medio Rural, Protección Civil, GES de Cervo e á veciñanza da zona, que levan traballando arreo desde esta madrugada para parar esta barbarie”.

... leer más
Etiquetas:
11/10/2023

Do 12 ao 14 de outubro celebrarase en Foz a October Fest, que organiza AciaFozCCA. 
Na cita participarán sete locais hostaleiros: Augas Santas, Bar 78, Dandy Restaurante, Marexada, Namarinos, O Muelle Bar e O Tangarte.

O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, explicou que “a cervexa vai ser a protagonista desas tres xornadas de festa que temos por diante. Nos negocios participantes poderemos atopar moitas posibilidades desde as clásicas ata as artesás e de autor”.

Paleo subliñou que “o obxectivo é dinamizar esta ponte festiva na que a Foz e á comarca da Mariña se achegará moita xente aproveitando o inicio do outono e o bo tempo que seguimos a ter”.

O presidente de AciaFozCCA lembrou que “a nosa asociación participa na campaña do Bono Activa Comercio da Xunta, que xa poderá...

leer más