Formación
A Concellaría de Desenvolvemento Local ven de presentar A túa tenda a punto. Trátase dun programa de formación e asesoramento individualizado dirixido ao pequeno comercio. Poderán participar, de xeito totalmente gratuíto, ata 20 establecementos que pertenzan ao sector do comercio polo miúdo e que teñan menos de doce empregados. O prazo de inscrición está aberto ata o 23 de outubro.
O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, anunciou que “o Concello de Ribadeo, desde a área de Desenvolvemento Local, lanza un programa dirixido a aumentar a competitividade do pequeno comercio da vila e que, a través dun asesoramento personalizado, procura mellorar a xestión de cada un deses negocios, a implantación de novas medidas que axuden a incrementar as vendas, a súa rentabilidade e que focalice tamén nunha maior presenza online”.
... leer másAPAGA (Asociación de Profesores de Automoción de Galicia) organiza a novena edición do Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos do 25 ao 28 de agosto, que terá lugar no centro Pedro Murias, de Ribadeo. Este ano abordaranse temas como a edición de libros electrónicos e o vehículo eléctrico. O programa completarase cunha serie de actividades lúdicas, que permitirán aos participantes visitar varios lugares da comarca. O aforo está limitado a 50 persoas, debido ao covid, pero aínda quedan algunhas prazas libres.
O presidente de APAGA, Álvaro Doural, contou que “este ano decidimos, tendo en conta as diversas enquisas do nivel de satisfacción que facemos todos os anos cando remata o Fórum, dar resposta a ese tipo de solicitudes dos participantes, especialmente daqueles que veñen de fora da comunidade autónoma de Galicia. Entón imos...
leer másAcademia A Mariña organiza cursos para autónomos y trabajadores del régimen general. La directora del centro, Becky Hermida, destaca que “la formación es la llave del éxito”.
Hermida señala que “estos días en redes sociales he estado leyendo muchas reflexiones de cómo nos irá una vez que acabe el confinamiento, qué hacer con nuestros negocios, hacia dónde ir, cómo afrontar la desescalada, la dificultad que van a tener algunos sectores, como el de hostelería, en el que sabemos que la vuelta es toda una incógnita. Y como soluciones he visto propuestas como la formación, formarse para tener control del negocio, para que cuando se pueda abrir tengamos las herramientas necesarias para hacer las cosas lo mejor posible”.
La directora del centro indica que “desde Academia A Mariña, centro de formación, seguimos...
leer másA Asociación de Profesores de Automoción de Galicia, con sede en Ribadeo, organiza un novo curso a través da súa plataforma de formación on line. Versará sobre vehículos eléctricos e terá unha duración de 100 horas. A inscrición estará aberta ata finais do presente mes de abril. Na actualidade xa hai 20 persoas anotadas. O curso dará comezo en maio.
O presidente de Apaga, Álvaro Doural, contou que “está xa na nosa web un curso de vehículos eléctricos, con seis apartados totalmente definidos: introdución ao vehículo eléctrico, sistema de almacenamento de enerxía, tracción eléctrica, motores eléctricos empregados nos sistemas de tracción, deseño e integración do conxunto motor e pack de baterías, e finalmente compoñentes adicionais de xestión e control. Este é un curso on line de 100 horas e está aberto a toda a xente que queira facelo. Os...
leer másAcademia A Mariña, de Burela, pone en marcha 2 cursos totalmente gratuitos, que estarán disponibles a partir de la semana que viene. Se impartirán online y están centrados en el coronavirus. Uno abordará las medidas de prevención y está destinado a cualquier persona interesada. Y el otro se centrará en la prevención de riesgos laborales en el teletrabajo. Este está enfocado a aquellas personas que trabajan en casa bajo esta modalidad.
La directora de Academia A Mariña, Becky Hermida, explica que “es importante estar formados en cualquier ámbito siempre, y ahora, con esta situación de alarma producida por el coronavirus creemos oportuno formar a todas las personas interesadas y/o afectadas. Hemos creído conveniente ofrecer una formación totalmente gratuita, ya que estamos en tiempos difíciles y va a costar recuperarse en todos los ámbitos...
leer másA Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense pon en marcha dous cursos de formación gratuíta dirixida a axentes turísticos do territorio, en activo ou desempregados vinculados ao sector. Esta formación que se desenvolve grazas ao Convenio firmado pola Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense e a Xunta de Galicia, a través da Axencia de Turismo de Galicia, faise en colaboración co IES de Foz. Serán os docentes de Hostelería e do departamento de inglés deste centro os encargados de transmitir o coñecemento e experiencia aos asistentes.
Dende a Área de Turismo da Mancomunidade da Mariña Lucense considérase que a formación é un factor determinante na actividade do sector turístico para adaptarse a todos os cambios que se veñen producindo na sociedade en xeral e no turismo en particular. Con esta iniciativa preténdese dar unha resposta...
leer másA Asociación de Profesores de Automoción de Galicia (APAGA) organiza este sábado, 25 de novembro, diversas actividades enmarcadas na II Semana Europea da Formación Profesional. Os actos, que se desenvolverán nas instalacións do hotel O Cabazo en Ribadeo, comezarán ás dez da mañá co relato das experiencias dos profesores que participaron no Erasmus + en diferentes países europeos. Ademais participará o director do C.F.P. Zanardelli, de Brescia (Italia), que falará da organización da formación profesional en Italia e das ferramentas contra o abandono e o fracaso escolar neste nivel.
O presidente de APAGA, Álvaro Doural, explicou que “neste ano que está rematando agora, se vai repetir a estrutura un pouco da que foi o ano pasado a primeira Semana Europea da Formación Profesional. Este ano imos tamén participar. Esta actividade é unha das mil...
leer másMañá, martes, da comezo a oferta formativa da Mancomunidade de Municipios da Mariña, en colaboración co IES de Foz e coa FCAM (Federación de Comercio da Mariña). Ao igual que no 2016 haberá formación específica para a hostalería.
Este 24 de outubro dará comezo un curso de tradución de cartas ao inglés. Terá unha duración de tres horas (2 presenciais e 1 telemática). Será impartido por profesorado da área de idiomas do IES de Foz. Haberá catro edicións, que serán os días 24 e 31 de outubro e o 7 e o 14 de novembro en horario de 16:30 a 18:30 horas.
Tamén se inicia un curso de inglés básico para hostalería. Neste caso terá unha duración de 4 horas e será impartido por profesorado da área de idiomas do IES de Foz. Haberá dúas edicións, a primeira que será os días 8 e 15 de novembro e a segunda os días 21 e 22 de...
leer más