O 30 de maio, sábado, dan comezo en Ribadeo os fins de semana tecnolóxicos, que organiza Apaga (Asociación de Profesores de Automoción de Galicia).

O 30 de maio, sábado, dan comezo en Ribadeo os fins de semana tecnolóxicos, que organiza Apaga (Asociación de Profesores de Automoción de Galicia).
 
Este sábado, 30 de maio, dan comezo en Ribadeo os fins de semana tecnolóxicos, que organiza Apaga (Asociación de Profesores de Automoción de Galicia). Durante 8 horas técnicos, alumnos e profesores de automoción recibirán formación sobre a reprogramación de centralitas. Trátase dunha nova actividade formativa para realizar durante varios sábados ao ano. A seguinte será o 4 de xullo. A inscrición para o segundo fin de semana tecnolóxico está aberta. Estas actividades desenvolveranse no hotel O Cabazo, de Ribadeo. 
O presidente de Apaga, Álvaro Doural, explicou que “este proxecto nace polas peticións do sector empresarial da automoción e tamén do profesorado no ensino. É unha nova experiencia, un novo formato, no que os sábados durante 8 horas aproximadamente se pretende abordar temas moi específicos, moi de actualidade no automóbil. Ten tamén unha parte lúdica, pois inclúe un paquete de actividades que acompañan a esta parte formativa, cunha oferta hostaleira”.
A primeira xornada desta actividade vai ser este vindeiro sábado, día 30, e estará dedicada ás centrais electrónicas. “Neste momento xa está cerrado a inscrición, que é moi reducida, pois son 12 participantes como máximo”, dixo o ribadense Doural.
Está aberto xa o prazo de inscrición para outro curso igual, que terá lugar o día 4 de xullo e para o que neste momento aínda quedan prazas. Debido ao gran número de peticións recibidas Apaga organiza esta segunda xornada de actividades dedicada ao mesmo tema.
O presidente de Apaga indicou que “o que se pretende é ir facendo estas actividades cada mes ou cada 2 meses, dependendo da temática, da dispoñibilidade do poñente, porque moitas veces é difícil atopar á persoa axeitada para facer este tipo de actividades”.
Para setembro está previsto outro fin de semana tecnolóxico, posiblemente cun curso de manexo de osciloscopio, “e a continuación remataremos con un ou dous máis neste 2015 para despois empezar o 2016. O que se pretende é facer unha actividade de moita calidade, moi ben planificada, traer un bo poñente, unha persoa que realmente veña aportar moitas cousas, porque despois de estar o sábado durante 8 horas á xente que participe lle supoña un valor engadido”.
Álvaro Doural engadiu que “neste primeiro curso participará xente de Pontevedra, de Coruña, de Lugo e de Ribadeo. Esta iniciativa está aberta a alumnos de Formación Profesional, a traballadores de empresas do automóbil e a profesorado. A xente que queira informarse máis desta actividade no hotel O Cabazo, de Ribadeo, que é a sede destes cursos, hai unhas fichas nas que se poden deixar os datos e nós poñémonos en contacto cos interesados. Tamén a través da nosa páxina web: www.apaga.es pódese acceder á información sobre todas estas actividades que fagamos”.