Festival
La organización del festival Ether 2020 anuncia que, debido a la alarma sanitaria generada por el Covid-19, decide posponer su celebración para el mes de julio de 2021.
Para los organizadores de este evento “este comunicado no debería ser una sorpresa debido a las cancelaciones de festivales que han ocurrido hasta la fecha a nivel global, así como el comunicado emitido estos días desde el Concello de Viveiro sobre la cancelación de eventos públicos en verano. A pesar de llevar bastante tiempo valorando la situación actual, seguimos desolados por el impacto tan demoledor que el coronavirus está teniendo en nuestra sociedad a todos los niveles. Creemos que pocos de nosotros nos hubiésemos imaginado en febrero cómo estarían las cosas a día de hoy. Por este motivo consideramos que salvaguardar vuestra salud y la de todas las personas...
leer másA Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo celebra este sábado, 21 de decembro, ás 12:00 e ás 18:00 horas no Auditorio Municipal Hernán Naval o seu tradicional Festival de Nadal.
No repertorio deste ano non faltan as panxoliñas pero tamén hai cabida para outros ritmos como a música moderna ou a tradicional. “O de Nadal é, xunto co fin de curso, o festival que máis éxito ten tanto entre o alumnado coma entre o público, de aí que cada ano procuremos ofrecer cousas novas tanto a nivel de repertorio coma de posta en escena”, apunta Hugo García, responsable da EMMeD de Ribadeo.
Pero, sen dúbida, o aspecto máis destacado do festival de Nadal, tal e como acontecera en cursos anteriores, é a súa vertente solidaria. Ao longo de toda a semana, desde hoxe, luns 16, e ata o venres 20 a EMMeD de Ribadeo realizará...
leer másA XIII edición do Festival As Minas, de A Pontenova, celébrase este sábado, 14 de decembro. Ás 11:00 horas procederase á apertura e visita da mina Consuelo para espeleólogos federados.
Ás 21:30 horas dará comezo a churrascada popular, as prazas son limitadas e o prezo é de 15 euros (inclúe a entrada aos concertos). O menú estará composto por calamares, empanada, churrasco, tarta Santiago, pan, viño caseiro, auga e café. Este ano pódense reservar os tíckets con antelación facendo transferencia bancaria á conta da asociación ACD As Minas, organizadora do evento. Unha vez feita a transferencia é necesario mandalo xustificante por whatsapp ao 615 82 87 62. O número de prazas é limitado.
Ás 23:30 horas comezará o concerto de Heredeiros da Crus que presentará o seu traballo Derretidos. Tamén actuarán A Chocolateira AM...
leer másA axenda cultural para este fin de semana en Burela ofrece a actuación do grupo de teatro local O Torques e o Festival de Danza e Música Tradicional organizado por Ledicia. O venres 29 ás 21:00 horas na Casa da Cultura, O Torques porá en escena Cea de familia. O concelleiro de Cultura, José Díaz, aposta tamén pola creación dun grupo infantil de teatro. E o sábado 30 ás 19:00 horas celebrarase o Festival de Danza e Música Tradicional de Ledicia. O edil de Cultura fai unha chamada á participación nestes eventos da vindeira fin de semana.
José Díaz anunciou que “este fin de semana en Burela temos dous eventos, ambos gratuítos. O sábado 30, ás sete da tarde, a Sociedad Cultural Recreativa Ledicia organiza, unha vez máis, o Festival de Danza e Música Tradicional como xa ven facendo os últimos anos, con moita presenza de público. É unha...
leer másA deputada de Medio Rural, Mar e Mocidade, Mónica Freire, asinou coa Asociación Cultural e Deportiva das Minas, un convenio de colaboración con valor de 7.500 euros para a organización da XIII Edición do Festival as Minas da Pontenova, que se celebrará o vindeiro 14 de decembro na Praza dos Fornos da Pontenova.
Nesta ocasión o programa inclúe por primeira vez unha baixada a Mina Consuelo, exclusiva para espeleólogos federados, que porá en valor o patrimonio e tradición mineira do Concello mariñao, un dos principais obxectivos cos que naceu este Festival.
“Este ano temos un dos mellores carteis do festival, grazas ao apoio económico da Deputación e o Concello, pois contaremos cunha das primeiras paradas da nova xira dos Heredeiros da Crus, que polo de agora ten confirmados concertos en Madrid, Barcelona, Santiago...
leer másA Asociación Cultural Ronqueta xunto co Concello organizan a terceira edición do Festival Tradicional de Ribadeo que se celebrará o vindeiro domingo, 18 de agosto, ás 20:00 horas no Cantón dos Moreno (en caso de inclemencias meteorolóxicas trasladarase ao Teatro de Ribadeo).
Nesta ocasión os grupos participantes serán A. C. Santa Columba de Ribadelouro (Tui), A. C. Peleriños (Sarria), Grupo Tradicional Marbadás (Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo) e os anfitrións Cuarteto Illa Pancha.
Ás 19:45 horas as agrupacións farán un breve pasarrúas desde o Teatro ata o Cantón.
Os Macanudos de Barreiros organiza la II edición de Holi Wave Festival de Colores, que se celebrará el sábado 17 de agosto.
A partir de las 18:00 horas, en la zona de San Bartolo-Remior-San Cosme, en Barreiros, comenzarán las diversas actividades. Habrá servicio de bar, desde las 17:00 horas, discoteca móvil y ambientación musical. Se entregarán premios a los más originales en todas las categorías.
La jornada concluirá con una gran cena popular y las personas interesadas en asistir pueden comprar los tickets en la web oficial Holiwave, en Café Bar Moderno de San Cosme, en La Barrica de Lorgi en la playa de Benquerencia y en Balcón de San Bartolo en la playa de San Bartolo. Puede obtenerse más información y formalizar las inscripciones en www.holiwavebarreiros.com. ...
leer másA Praza Maior de Viveiro acollerá a trixésimo quinta edición do Festival de Música Coral organizado pola Coral Polifónica Alborada este domingo, día 11 de agosto, a partir das 21:00 horas.
Neste evento actuarán a coral Airiños de Campañó, de Pontevedra, que dirixe Enrique Alberto Martínez; a coral Hospital Xeral-Calde, de Lugo, e o coro feminino lucense Cantar Delas, os dous dirixidos por Fernando Gómez Jácome; e a agrupación anfitrioa: a Coral Polifónica Alborada, de Viveiro, que dirixe Luis Vicente Fernández Prieto.
O festival contará ademais coa colaboración especial da soprano Noa Outumuro González e do pianista Ricardo Blanco Rodríguez.
Este evento está patrocinado polo Concello de Viveiro e FECOGA.
O Deputado de Participación Cidadá, Roberto García Pernas, xunto ao Alcalde de Foz, Francisco CajotoCaserío, presentaron este venres, na Oficia de Turismo do Concello de Foz, o VI Festival Bal y Gay que se celebrará neste Concello mariñán dende o 24 ata o 29 de agosto. No acto de presentacióntamén participou o director do festival, Enrique Rodríguez Baixera. A Deputación colabora con este evento cultural, realizando unha achega económica de 6.000 euros.
García Pernas sinalou que “esta cita, que xa vai pola sexta edición, une a música clásica co mundo do rural, favorecendo que os nosos veciños e veciñas poidan achegarse a este xénero musical.Ao longo de seis días, o Concello de Foz converterase nun escenario de referencia da música clásica, pois poderemos escoitar en concertoa intérpretes de primeiro nivel. como Noelia Rodiles, o...
leer másA Xunta de Galicia apoia unha nova edición do Festival Folclórico Internacional do Emigrante, cita declarada de interese turístico galego que se celebra este sábado na localidade lucense de San Miguel de Reinante, no concello lugués de Barreiros.
A presentación do cartel contou coa presenza do delegado territorial en Lugo, José Manuel Balseiro, quen gabou o esforzo que desenvolve a asociación O Arco da Vella que, desde 1980, promove este evento en colaboración co Concello.
Nesta ocasión a cita coas mellores músicas folclóricas do mundo terá lugar a partir das 22 horas no recinto do campo de fútbol das Valgas, salvo que as condicións climatolóxicas sexan adversas, nese caso, trasladarase ata o pavillón de San Miguel.
O festival presenta este ano un cartel especialmente salientable que...
leer más