A Praza Maior de Viveiro acollerá a trixésimo quinta edición do Festival de Música Coral organizado pola Coral Polifónica Alborada este domingo, día 11 de agosto, a partir das 21:00 horas.
Neste evento actuarán a coral Airiños de Campañó, de Pontevedra, que dirixe Enrique Alberto Martínez; a coral Hospital Xeral-Calde, de Lugo, e o coro feminino lucense Cantar Delas, os dous dirixidos por Fernando Gómez Jácome; e a agrupación anfitrioa: a Coral Polifónica Alborada, de Viveiro, que dirixe Luis Vicente Fernández Prieto.
O festival contará ademais coa colaboración especial da soprano Noa Outumuro González e do pianista Ricardo Blanco Rodríguez.
Este evento está patrocinado polo Concello de Viveiro e FECOGA.