exposición
O alcalde, Alfredo Llano, e o concelleiro de Cultura, José Díaz, asistiron onte á tarde á apertura da XXVII exposición de fotografías do Club Imaxe de Burela na sala de arte da Casa da Cultura. A mostra poderá visitarse ata o vindeiro 27 de novembro.
A exposición fotográfica “A Mariña Somerxida”promovida polo GALP A Mariña-Ortegal, segue o seu itinerario. Estará exposta dende o día 4 ao 9 de novembro na Casa do Concello de Viveiro (Praza Maior, s/n, Viveiro), onde se poderá visitar en horario de luns a venres de 10:00-14:00h e 18:00-20:00h.
A mostra consta de instantáneas orixinais dos fondos mariños da costa de Lugo. A exposición fotográfica única na Mariña Lucense, promovida polo GALP A Mariña- Ortegal, dos fotógrafos Hugo Fernández e Carlos Gil, é unha mostra dun patrimonio natural descoñecido pola maioría e pon en valor a biodiversidade somerxida.
As augas da Mariña Lucense ábrense nesta exposición para sorprender ao público. Mostramos o mar como recurso, como forma de vida, como parte da nosa cultura mariñeira. Pretende ser ademais un referente para a...
leer másPara conmemorar o Día Mundial do Patrimonio, a Concellería de Patrimonio do Concello de Foz, en colaboración co Museo Provincial de Lugo, exhibirá en novembro e decembro esta meritoria exposición etnográfica.
Esta mostra, pretende achegarlles a todos os curiosos e interesados na memoria do noso patrimonio etnográfico uns valiosísimos documentos gráficos, únicos, nos que se reflicte a vida dos nosos inmediatos devanceiros, entre os anos 1928 e 1933. Ao longo dos anos 1928, 1929 e 1933 o filólogo e historiador alemán Walter Ebeling percorreu a xeografía galega para recoller testemuño da vida cotiá dos homes e as mulleres do agro.
A Concellería de Patrimonio do Concello de Foz, quere poñer en valor o patrimonio etnográfico, natural, histórico e lingüístico do noso Concello e por extensión do noso país,...
leer másO complexo Regalxunqueira de Viveiro acolle desde este martes, día 8 de outubro, a mostra da pintora luguesa Carmen Prado Vázquez titulada Ó seu xeito. A inauguración terá lugar ás 20:00 horas.
Carmen Prado é unha pintora autodidacta que pinta por afección e pura intuición, alguén que atopa na pintura a súa forma máis básica e elemental de expresarse, de expandir o seu mundo a través das imaxes que lle saen da observación do mundo cotiá, situación, sentimentos cautivos ou personaxes que nos contan historias por rematar. Unhas veces son o encontro so seu ser máis íntimo e outras pura extroversión.
A exposición preséntanos personaxes cheos de cor, maioritariamente femininas, que nos sorprenden porque son Ó seu xeito.
A mostra de Carmen Prado Vázquez poderase visitar ata o 24 de novembro de...
leer másEste xoves, 3 de outubro, ás 19:00 horas, na sala de exposicións da Biblioteca Municipal de Viveiro, inaugúrase a mostra Unha mirada de antano. Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia.
A exposición, organizada por Afundación Obra Social Abanca, poderá visitarse ata o vindeiro 27 de outubro, en horario de 8:30 a 15:00 horas e de 16:30 a 20:30 h., de luns a venres, e os sábados de 9:00 a 14:00 horas.
En agosto de 1924 desembarcaba no porto de Vigo, xunto ao seu pai, a fotógrafa e investigadora da Hispanic Society de Nueva York Ruth Matilda Anderson. O traballo da fotógrafa converteuse na busca e recompilación de evidencias dos costumes do pobo galego, dedicándose a documentar a vidas das xentes, en especial nas zonas de complicado acceso. Ata entón, nin as actividades da poboación traballadora do campo e do...
leer másA Sala de Arte da Casa da Cultura, de Burela, acolle ata o 11 de outubro a exposición de fotografía A Mariña somerxida que o Galp A Mariña Ortegal e o Concello de Burela achegan a todos os interesados. Poderase visitar de luns a venres de 10 a 13 horas e de 17 a 20 horas.
Trátase dunha exposición dos artistas Carlos Gil e Hugo Fernández na que presentan instantáneas orixinais que fan que o visitante se adentre nos fondos mariños da costa de Lugo. A representacón promovida polo Galp A Mariña Ortegal, é unha mostra dun patrimonio natural descoñecido pola maioría, que pon en valor a biodiversidade somerxida. O visitante viaxa máis alá da superficie dos nosos mares descubrindo un mundo incrible de especies únicas.
As augas da Mariña Lucense ábrense nesta ocasión para sorprender ao público. Móstrase o mar como...
leer másA Sala do Centro Cívico de Xove acolle a exposición A Mariña Somerxida.
Esta mostra permanecerá aberta ata o vindeiro 27 de setembro e pode visitarse en horario de 18:00 a 22:00 horas de luns a domingo.
A exposición permite descubrir, máis aló da superficie dos nosos mares, un mundo incrible de especies únicas a través da bioloxía, a fotografía, a conservación e a biodiversidade. A mostra fotográfica presenta obras de Calos Gil e Hugo Fernández.
A actividade está organizada por GALP A Mariña-Ortegal, a Xunta de Galicia e a Unión Europea.
A axenda cultural de Ribadeo para estes días inclúe unha exposición da ilustradora local Mónica Justo, que dará comezo o venres, 13 de setembro, e un espectáculo para os máis pequenos o domingo 15. Ademais están á venda as entradas para o espectáculo que El Brujo presentará, no auditorio municipal, o día 29 de setembro.
Este venres, 13 de setembro, inaugúrase unha exposición da ilustradora ribadense Mónica Justo. A mostra permanecerá aberta na antiga Oficina de Turismo, no parque San Francisco, ata o vindeiro día 23 deste mes. O horario de visitas será de 19:00 a 21:00 horas de luns a venres; de 12:30 a 14:00 horas e de 19:30 a 21:30 horas, os sábados; e de 12:30 a 14:00 horas, os domingos.
Ademais, dentro do proxecto Apego o grupo Musicreques presentará O Quebranoces para bebés. Trátase dunha proposta de conto...
leer másA exposición "Naufraxio da fragata Magdalena 1810. Variacións creativas 2019" de José Luis Neira Brochs estará no Cenima, de Foz, ata o 16 de agosto.
Trátase dunha mostra, composta por 64 obras, sobre a traxedia da chamada Expedición Cántabra que deixou na praia de Covas, en Viveiro, unha morea de náufragos.
O artista viveirense Neira Brochs reflicte nesta exposición, a través da súa alma mariñeira, aquel tráxico suceso coa carga que vai adquirindo co paso do tempo.