Este xoves, 3 de outubro, ás 19:00 horas, na sala de exposicións da Biblioteca Municipal de Viveiro, inaugúrase a mostra Unha mirada de antano. Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia.
A exposición, organizada por Afundación Obra Social Abanca, poderá visitarse ata o vindeiro 27 de outubro, en horario de 8:30 a 15:00 horas e de 16:30 a 20:30 h., de luns a venres, e os sábados de 9:00 a 14:00 horas.
En agosto de 1924 desembarcaba no porto de Vigo, xunto ao seu pai, a fotógrafa e investigadora da Hispanic Society de Nueva York Ruth Matilda Anderson. O traballo da fotógrafa converteuse na busca e recompilación de evidencias dos costumes do pobo galego, dedicándose a documentar a vidas das xentes, en especial nas zonas de complicado acceso. Ata entón, nin as actividades da poboación traballadora do campo e do mar nin a cultura material de Galicia foran obxecto de principal atención para a fotografía de modo tan exhaustivo.