A Sala de Arte da Casa da Cultura, de Burela, acolle ata o 11 de outubro a exposición de fotografía A Mariña somerxida que o Galp A Mariña Ortegal e o Concello de Burela achegan a todos os interesados. Poderase visitar de luns a venres de 10 a 13 horas e de 17 a 20 horas.
Trátase dunha exposición dos artistas Carlos Gil e Hugo Fernández na que presentan instantáneas orixinais que fan que o visitante se adentre nos fondos mariños da costa de Lugo. A representacón promovida polo Galp A Mariña Ortegal, é unha mostra dun patrimonio natural descoñecido pola maioría, que pon en valor a biodiversidade somerxida. O visitante viaxa máis alá da superficie dos nosos mares descubrindo un mundo incrible de especies únicas.
As augas da Mariña Lucense ábrense nesta ocasión para sorprender ao público. Móstrase o mar como recurso , como forma de vida, como parte da nosa cultura mariñeira. Preténde tamén que sexa un referente para divulgar e concienciar e conservar a riqueza das nosas augas.