Todo está listo en Burela para a celebración do II Encontro de Batukadeiras, que organizan a Concellería de Inmigración e Cooperación e Batuko Tabanka, os días 21 e 22 de maio.
O sábado ás 12 do mediodía terá lugar a presentación da exposición Memorias de Batuko Tabanka, que se poderá ver na sala de exposicións da Casa da Cultura desde hoxe, domingo, e ata o vindeiro 15 de xuño. Xa pola tarde a partir das 18:00 horas haberá unha actuación de grupos de batuko na praza de abastos. Na cita participarán: Bibinha Cabral, Mara Panu, Finka Pe e Nos HerdanÇa. A primeira xornada do II Encontro de Batukadeiras rematará ás once da noite coa actuación de Olivio D’Alice.
E o domingo ás 11 da maña celebrarase a Misa de África acompañada pola Coral de Lisboa, na igrexa parroquial de Santa María de Burela, acto que pecha o II Encontro de Batukadeiras, segundo informa a Concellería de Inmigración e Cooperación.