A asociación Nordés produciu un documental sobre o afundimento da galerna do 61.

Os promotores desta iniciativa explican que "galerna (RAG) é un vento moi forte de entre oeste e noreste que ocasiona fortes temporais na costa do Cantábrico”. 

O 12 de xullo do 2021 cúmprense 60 anos dunha traxedia que asolou á comarca e moitos outros pobos mariñeiros do litoral cantábrico.

A frota boniteira metida de cheo en campaña, atopouse no medio dun temporal inesperado e dunha dureza extraordinaria e mortal. Ao longo de case tres días, barcos e homes loitaron por sobrevivir. Algúns conseguírono. Outros non.

Oitenta e tres homes perderon a vida e os que conseguiron volver gardan un recordo inesquecible daqueles días nos que houbo que agarrarse á vida por un pelo.

Este documental é unha pequena homenaxe a toda esa xente, familiares e veciñanza que dun xeito u outro viron afectadas as súas vidas.

Grazas ás achegas de Hixinio, e ás testemuñas de Pepe,  Cándido e Darito, mariñeiros sobrevivintes da nosa comarca, témola fortuna de compartires as súas lembranzas que nos axudan a entender un pouco mellor a dureza da vida no mar e a forza devastadora cando os elementos da natureza estoupan, como acontece cando en cando, e o ser humano se atopa no seu devir loitando polo seu destino.

Documental producido por #NordésFaladora e realizado por David Vázquez dende Pinancho Audiovisuais. Colaboran o Concello do Vicedo e Cuarzos Industriales S.A.

https://www.youtube.com/watch?v=rN82Trwo44A