O disco titulado Dende a beira do Masma, que foi musicado por Xan Carballal sobre textos de poetas mindonienses, será presentado este xoves, 14 de maio, ás 20:30 horas no salón de actos do Centro Comarcal de Mondoñedo.
No acto participarán Alfredo Llano, en representación da Deputación Provincial de Lugo; o cronista oficial de Mondoñedo, Antón Reigosa; e o autor da música, Xan Carballal.