Descontos

Etiquetas:
23/06/2021

AciaFozCCA organiza unha campaña de descontos en establecementos asociados os días 25 e 26 de xuño. 

Os comercios de Foz ofrecerán importantes promocións durante esas dúas xornadas, que comezarán no 21%, pero que nalgúns casos chegarán ata o 50%. 

O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, sinalou que “os días 25 e 26 de xuño, este venres e este sábado, será un bo momento para achegarse ao comercio de Foz a mercar roupa, calzado, complementos… de tempada a prezos moi interesantes”. 

E engadiu que “podemos pasear polas rúas de Foz, botar un ollo aos escaparates, comprar e aproveitar para gozar da ampla oferta hostaleira da nosa vila, que afronta o verán de 2021 con boas expectativas”. 

 

Etiquetas:
31/03/2021

Ata o 4 de abril segue a semana dos descontos en 50 negocios ribadenses. A campaña denominada A falta de Semana Santa… semana dos descontos en Ribadeo está a ser un reclamo esta Semana Santa. Organizada por Acisa deu comezo o pasado venres. 

O presidente de Acisa Ribadeo, Francisco Iriarte, indicou que “con esta campaña pretendemos axudar ao comercio a liquidar stock, a mostrar a roupa da nova tempada e a potenciar as vistas a Ribadeo. As impresións ata o de agora son boas, estásenos a indicar que houbo un aumento de vendas, polo que a campaña esta a ter boa acollida, e non so para levar produtos rebaixados, senón incluso para comezar a mercar produtos da nova tempada”.

Na semana dos descontos de Acisa participan 50 comercios de todo tipo: moda home e muller, calzado, electrónica, papelería, libraría, deportes,...

leer más
Etiquetas:
24/03/2021

Acisa Ribadeo anima esta Semana Santa con grandes descontos en 50 establecementos comerciais do 26 de marzo ao 4 de abril. A campaña denomínase A falta de Semana Santa… semana dos descontos en Ribadeo. Con ela a asociación ribadense pretende axudar ao comercio a liquidar stock e a mostrar a roupa da nova tempada e a potenciar as vistas a Ribadeo dos veciños e veciñas da comarca e do resto de Galicia.

Segundo anunciou o presidente de Acisa, Francisco Iriarte, “hoxe presentamos esta gran campaña de descontos especiais. Nela participan 50 comercios de todo tipo: moda home e muller, calzado, electrónica, papelería, libraría, deportes, decoración, regalo, hai moito onde escoller....  dende o 26 de marzo o 4 de abril poderás encontrar en Ribadeo grandes ofertas e descontos, os últimos da tempada. Temos dende liquidación de stock, a fin de...

leer más
19/12/2020

Acisa e Gasóleos Abelleira poñen en marcha unha campaña de apoio aos negocios locais asociados. Trátase de 17.000 tarxetas cun desconto de 0,10 euros/litro de combustible que se poderán obter ao comprar e consumir nos comercios e na hostalería de Ribadeo. 

Desde Acisa e Abelleira explican que “as 17.000 tarxetas estarán repartidas nos negocios asociados a Acisa e poderán facerse con elas as persoas que compren nos nosos comercios ou que consuman na nosa hostalería entre hoxe, 19 de decembro, e o vindeiro 28 de febreiro.O gasto deberá ser superior aos 10 euros e só se entregará unha tarxeta por cada compra dese importe”. 

E subliñan que “as tarxetas son descontos de 0,10 euros por litro de combustible sen límite nos litros de reposición. E será de aplicación unicamente na estación de servizo que se atopa situada no...

leer más
Etiquetas:
25/11/2020

AciaFozCCA está a colaborar co Concello na campaña En Negro contra as Violencias. A asociación está a repartir carteis do 25N entre as súas asociadas e asociados. 

Desde AciaFozCCA o seu presidente, José Carlos Paleo, dixo que “o que pretendemos é concienciar á poboación desde os nosos establecementos sobre esta lacra social para entre todos facerlle fronte. Unímonos con este reparto de carteis á campaña que realiza o Concello de Foz para celebrar o 25N tinguindo de negro os nosos escaparates e os nosos negocios”.

Black Friday
Por outra banda, José Carlos Paleo tamén aludiu á celebración do Black Friday en Foz: “este é un bo momento para darse algún capricho e conseguilo a un prezo moi interesante e tamén son uns días idóneos para ir facendo algunhas compras pensando nas vindeiras festas de Nadal. Ademais do...

leer más
Etiquetas:
05/08/2020

O Centro Comercial Aberto de Foz organiza unha nova edición do Comercio na Rúa, que se celebrará os días 7 e 8 de agosto (venres e sábado).

Os comercios participantes ofrecerán interesantes descontos nos stands instalados no exterior dos establecementos. En caso de mal tempo realizarán as promocións no interior dos locais. As ofertas abarcarán todo tipo de produtos e servizos ofrecidos polos distintos comercios adheridos a esta iniciativa.

O presidente de CCA/ACIA Foz, José Carlos Paleo, sinala que “pouco a pouco temos que ir recuperando as actividades na nosa vila, con precaución e seguindo todos os protocolos de seguridade. De aí que volvamos organizar unha nova edición do noso Comercio na Rúa, unha cita clásica dos veráns en Foz, co fin de dinamizar o comercio local”.

Paleo di que “...

leer más
30/01/2020

Acisa organiza de novo a campaña o Mes do Aforro con descontos no combustible na estación de servizo Valcarce, de Ribadeo. Será do 1 ao 29 de febreiro. O presidente e o xerente de Acisa, Francisco Iriarte e Jesús Pérez, foron os encargados de presentar esta iniciativa, que o pasado mes de novembro foi un éxito. 

Iriarte explicou que “o obxectivo desta campaña é o fomento da actividade comercial no mes de febreiro mediante a fidelización do cliente tanto da vila como visitantes a través de tarxetas de desconto de 0´09 euros por litro de combustible”.

Pérez dixo que “as tarxetas Acisa Aforro de desconto obteranse gratuitamente realizando as compras en calquera dos establecementos asociados a Acisa Ribadeo, e so se entregará unha por cada tícket de compra cun gasto mínimo de 10 euros. Esta promoción é válida dende o...

leer más
Etiquetas:
03/12/2019

O Centro Comercial Aberto de Foz comeza o Nadal repartindo nas rúas mañá, mércores, 1.500 moedas dun euro de desconto, que os clientes poderán utilizar nas compras que realicen nos 40 negocios que participan nesta campaña.

O presidente de ACIA/CCA, José Carlos Paleo, explica que “esta campaña vai estar na rúa desde decembro ata agosto do vindeiro ano. Agardamos superar os 50.000 euros en descontos ao longo deste tempo, grazas á rotación das moedas e ao efecto multiplicador que as tendas ofertarán sobre produtos concretos”.

Paleo sinala que “os comerciantes farán que a campaña teña unha parte de fidelización, agradecemento e atención ao cliente con importantes descontos”. E subliña que “esta moeda que mañá estará na rúa poderá utilizarse igual que a de curso legal, é dicir terá o mesmo valor nas compras. Trátase...

leer más
Etiquetas:
28/11/2019

O Centro Comercial Aberto de Burela prepárase para este venres xa que, como é o último de novembro, celébrase o Black Friday. Este día, de orixe norteamericana ten cada vez máis implantación na vila e os comerciantes esperan ter moi boa acollida.

En total son 31 os comercios que participan: AtmósferaSport, Beep, Caroa Moda, CerezoBikes, ChamorroHombre, Decoraciones Pura, Don Zapato, El Bazar de Tere, Electrodomésticos Quelvi,EroskiViajes, Fauna, Fragances&Colors,Frenos Carpe,GalaequiaTecno,Interfilm Foto Mariló, Isabella,Ktivos, la 5º de Catycris, MercerceríaAjuar, Mercería Paca, Misstic, New Style Burela, Nora Moda, O Lar do Pintor, Óptica Afflelou Burela, Paquetería LanasPacita, Peluquería Campón, PikmarJoyeros, Rosa y Azul, StrasseZalo.

Estes días veñen inspirados pola tradición estadounidense...

leer más
Etiquetas:
26/11/2019

Corenta establecementos comerciais asociados a Acisa Ribadeo ofrecerán interesantes promocións e descontos durante o Black Friday que o colectivo empresarial celebra do 29 de novembro ao 1 de decembro. 
 
Desde a presidencia de Acisa, Francisco Iriarte, explicou que “como ben sendo habitual Acisa celebra o Black Friday, con grandes descontos. Nos 40 establecementos poderemos atopar multitude de ofertas, descontos que van dende o 5, 10, 15, 20, 30, 50 e hasta o 70 %. Ofertas de 3x2 en artigos seleccionados, vales regalo para gastar no Nadal; produtos regalo, etc…”.

Iriarte contou que “este ano contamos cun maior numero de participantes de todos os sectores: informática, telefonía, decoración, moda home, moda muller, moda infantil, roupa deportiva, calzado, mercerías e lencería, tallas grandes, xoiaría, bebés, papelaría,...

leer más