O Centro Comercial Histórico de Viveiro aposta unha vez máis por impulsar as compras e o ocio na súa cidade. Pon en marcha este venres 5 e o sábado 6 de novembro a campaña Shopping Weekend, un fin de semana de compras ofrecendo fantásticos descontos en miles de artigos.
Unha oportunidade para pasar a fin de semana facendo compras nos 47 comercios participantes na campaña e desfrutar de descontos do 20% en miles de artigos. Participan locais de moda de home, muller e nenos, calzado, complementos, artigos de deporte, lencería, xoias, mobles e decoración, agasallos, artigos para o fogar, alimentación, iluminación, óptica, telefonía, estancos, perruquerías, beleza, etc.
Os locais participantes estarán identificados cos distintivos da campaña, banderolas de color fucsia de 2,60 metros de altura colocadas nas entradas dos comercios, indicando o desconto do 20%, así como vinilos da mesma cor pegados nos escaparates. Deste xeito para o cliente é moi sinxelo identificar aqueles locais nos que poderá desfrutar da campaña de descontos. Haberá negocios como pode ser a carnicería, a peluquería ou as paqueterías, que farán o 20% en artigos seleccionados. Nestes casos, disporán de carteis nos escaparates especificando os artigos nos que se aplica o 20% de desconto. É moi importante lembrar que estes descontos non son acumulables a outras ofertas que xa teñan nos comercios, a encargos ou a devolucións, xa que é unha campaña puntual organizada só para as vendas destes dous días.
O éxito desta campaña en anteriores edicións fai que poña en marcha unha vez mais para ofrecer ó cliente a mellor calidade, variedade e prezo, sen ter que desprazarse, mercando no comercio local, un comercio que ofrece un trato persoal e profesional. E para aqueles clientes de localidades veciñas que non se poidan achegar esta fin de semana a mercar a Viveiro, temos en marcha durante o mes de novembro a campaña de Envíos Gratuítos a toda a Mariña e Ortegal, garantindo que o mercado no comercio local chega a tempo e gratis.
Para o pequeno comercio estanse a incrementar cada día máis as vendas a través das redes sociais, o whatsApp ou a web aqueles que dispoñen dela, e cos envíos gratuítos desde o CCH de Viveiro queren facilitar aínda máis as compras para os seus clientes da Mariña e Ortegal: “pero si teñen oportunidade, invitamos a vir a Viveiro a mercar, dando un paseo polas rúas do casco histórico, desfrutando das compras ó aire libre, parando a tomar un café ou un viño acompañado dun pincho na hostalaría da vila, desfrutar do ambiente do shopping ca música nas rúas, e levar as compras para a casa sen sufrir problemas de abastecemento ou entregas tardías...isto é Comercio Local”.