Descontos
Do 22 ao 24 de xuño terá lugar en Ribadeo a segunda edición da campaña Os prezos arden, que organiza a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos e na que participan 35 establecementos. Estes locais ofrecerán interesantes promocións e descontos aos seus clientes que oscilarán entre o 10 e o 50%.
O presidente de Acisa, Francisco Iriarte, explica que “con esta campaña o que buscamos é adiantarnos ao inicio das rebaixas de verán, para atraer ao cliente a visitar as nosas tendas, mercar artigos que estean en promoción e de paso botar unha ollada e ver os outros produtos que alí poden atopar e que lles poidan interesar. Chega o verán e é un bo momento para comprar roupa e material para ir á praia. Hai moita xente que estivo a retrasar estas compras, debido ao mal que tivemos ata o de agora. Entón este é o seu momento”.
... leer másO Centro Comercial Histórico de Viveiro aposta unha vez máis por impulsar as compras e o ocio na sua cidade. Pon en marcha este venres, 8 de xuño, e o sábado, día 9, campaña Shopping Weekend, un fin de semana de compras ofrecendo fantásticos descontos en miles de artigos.
Unha oportunidade para pasar a fin de semana facendo compras nos 62 comercios participantes na campaña e desfrutar de descontos do 20% en miles de artigos. Esta é a edición máis concurrida en canto ó número de locais participantes de tódalas que se levan realizado. Participan locais de moda de home, muller e nenos, calzado, complementos, artigos de deporte, lencería, xoias, mobles, decoración, agasallos, perfumería, beleza, artigos para o fogar, alimentación, iluminación, óptica, telefonía, librerías e papelerías, estancos, perruquerías etc.
Os locais...
Arredor de 40 locais comerciais de Foz participarán no Black Friday, que organiza o Centro Comercial Aberto durante os días 24 e 25 de novembro.
“As persoas que estes días se acheguen á localidade poderán gozar de grandes descontos nun número importante de tendas. Con esta campaña o que facemos é adiantarnos un pouco ao Nadal e animar así á xente a facer algunhas compras para esas datas aquí en Foz, no comercio da nosa vila”, explican desde a directiva de Acia-CCA de Foz.
Campañazo
Por outra banda, o 24 de novembro (este venres) chega unha nova edición do Campañazo, que organiza o Centro Comercial Aberto de Foz. En total vanse repartir 1.800 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados. Os sorteos terán lugar os días 24 de novembro e 1 e 5 de decembro e destinaranse 300 euros para o...
Do 23 ao 25 de xuño en Ribadeo terá lugar a campaña Os prezos arden, que organiza a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (Acisa).
Os 35 establecementos participantes ofrecerán descontos e promocións especiais. Desde a directiva de Acisa explican que “os clientes deste comercios poderán atopar ofertas 2 x 1, a segunda unidade á metade de prezo e descontos que oscilarán entre o 20 e o 50% ou tamén descontos do IVE”.
O presidente do colectivo, David Martínez, indicou que “levamos a cabo esta campaña co fin de potenciar as vendas pre verán e pre rebaixas. Queremos incentivar aos clientes a que compren no comercio asociado con prezos máis asequibles, antes de que se inicien as tradicionais rebaixas de verán. O obxectivo é que a xente merque esta fin de semana en Ribadeo, do 23 ao 25 de xuño,...
leer másChega a fin de semana sen IVE a varios establecementos comerciais asociados ao Centro Comercial Aberto de Foz. Durante os días 23 e 24 de xuño, coincidindo coa IV Festa Vintage, haberá descontos especiais en 5 Lobiños, Chinela Nenos, Decoraciones Pura, Don Zapato, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Hola Ola, Lourdes Lencería y Baño, María Docampo, Vagaluz, Vas’s, Vas’s Outlet e Zapatería Carmen León.
Todo está listo en Foz para a celebración da 4ª Festa Vintage, que nesta ocasión estará dedicada aos anos 80. Durante toda a fin de semana haberá moitas actividades, tapas e menús vintage e o sorteo presencial de 1.000 euros en vales de compra.
Un total de 15 locais hostaleiros ofrecerán durante as dúas xornadas, 23 e 24 de xuño, tapas vintage a 1,50 euros e menús vintage por 15 euros. Os participantes son: A Funcional, A Viela, Aroma, Anduriña, Mayros, Costumes do Mar, Fraggle...
leer más