Debuxo
A asociación cultural e deportiva Penalba-Colectivo Chilindrín convoca a VI edición do concurso infantil de debuxo Festa da Merluza do Pincho de Celeiro.
O obxectivo é facer partícipes desta festa a toda a poboación infantil de Celeiro, do Concello de Viveiro, e por extensión de toda Galicia e España, e facer un debuxo relacionado co evento. Poden participar todos os nen@s que o desexen ata 12 anos (cumpridos ou por cumprir no ano 2018). Os participantes deberán realizar un debuxo relacionado co pobo de Celeiro ou coa Festa da Merluza en particular. Os debuxos ou murais deberán facerse a man non valendo o uso do ordenador, e terán que levar o texto Festa da Merluza de Celeiro.
O prazo de presentación de traballos remata o día 29 de maio de 2018, e os debuxos poderán entregarse a algún membro da directiva da ACD...
leer másO Concello de Barreiros colabora co grupo Nordés (grupo de facebook) na organización da exposición conxunta de Olivia C. Rozas e María del Carmen Santamarina que se inaugura mañá, venres DÍA 15, no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro en San Cosme.
Ambas artistas son veciñas de Barreiros. Na mostra Olivia C. Rozas presenta un mundo en branco e negro de onírico lirismo que intercala realismo e soño a través do grafito. Pola súa banda Santamarina pon a voz aos trazos de Olivia mediante breves poesías que nos falan do amor, o mar e a emigración.
Olivia C. Rozas é debuxante dende moi nova e o seu medio de expresión favorito é o grafito sobre papel. Defínese como unha artista autodidacta que explora as fronteiras do real e o onírico compoñendo a súa realidade a través de grisallas, aínda que de vez en cando...
leer másO Concello de Cervo, a través da delegación de Medio Ambiente, celebra hoxe o Día Internacional da Biodiversidade convocando o concurso de debuxo “Recunchos máxicos do Concello de Cervo”.
A edil de Medio Ambiente, Manuela Méndez, e a de Educación, Dolores García, presentaron este mediodía o certame no que poderán participar todos os nenos e nenas que se atopen cursando estudos de Infantil e Primaria.
Tal e como explicou Méndez “as obras teñen que ter como tema principal a representación dalgún dos lugares con encanto que agocha o noso municipio; a técnica será libre, premiando a orixinalidade”.
Os traballos téñense que presentar en formato A4 en horizontal, e no seu reverso os participantes deberán indicar o lugar representado.
Os orixinais entregaranse nos...
leer más