Concertos

10/11/2023

A Asociación Xuvenil Xoldra, de Mondoñedo, organiza un evento de concertos e freestyle en galego para o día 2 de decembro, sábado.

Chámase Quedada Ceibarimas, será en Mondoñedo e haberá batallas de galos, micro aberto, concertos e máis actividades.

 

31/07/2023

O auditorio de Cabanela acollerá concertos os mércores de agosto. Roock by me. As tardes do verán son así, está cofinanciado pola Xunta e polo Concello de Ribadeo. 

A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, explicou que “catro mércores de agosto imos ter concertos á tardiña no auditorio de Cabanela. Serán os días 2, 9, 23 e 30 ás oito e media da tarde. Poderemos escoitar a cinco grupos no proxecto Roock by me. As tardes de verán son así, que está cofinanciado pola Xunta de Galicia e o Concello de Ribadeo”.

A edil ribadense contou que “os grupos que nos acompañarán son Superglú, The Lazy Bones, Beach Avenue, The Foolans e La Indirigible. E comezamos xa este mércores, día 2. Animádevos a baixar a Cabanela a gozar da música nun marco incomparable”.

 

Etiquetas:
28/07/2023

O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío, participou este venres na presentación da décima edición do Festival Bal y Gay. A cita, que un ano máis conta cunha achega da Deputación de Lugo por importe de 12.000€, se celebrará do 10 ao 24 de agosto en lugares emblemáticos da Mariña lucense. Así, serán escenarios da mellor música clásica o Teatro Pastor Díaz de Viveiro, o Castelo de Castrodouro de Alfoz, o auditorio Hernán Naval de Ribadeo, o Mosteiro de San Salvador de Lourenzá, a Basílica de San Martiño de Foz, ou a Catedral de Mondoñedo.

Francisco Cajoto puxo en valor “a formación e a difusión musical deste evento único que ofrece concertos e experiencias artísticas nas que a música convive coa paisaxe e o patrimonio arquitectónico da provincia”, destacando que a cita enriquece a oferta cultural e dinamiza a economía da...

leer más
21/07/2023

Desde o 21 de xullo e ata o 18 de agosto, Mondoñedo acollerá sete diferentes concertos e eventos musicais de balde por diferentes localización do pobo. O festival está organizado polo Concello de Mondoñedo e conta co patrocinio da Xunta de Galicia.

O Merlín Fest arrinca o 21 de xullo cun concerto do Trío Somoza na Praza da Catedral ás 23 horas, que versionarán cancións dos anos 70, 80 e 90. Seguidamente, o domingo 23 será o concerto de Skadelos  ás 13 horas na Praza do Concello, que amenizará a sesión vermú.

O martes, 25 de xullo, terá lugar a noite folk, cun concerto de Owl Light e Xógara ás 21.30 nos Muíños. Este grupo caracterizase por un estilo de música singular: o folk anglo-galés-galego. O 30 de xullo os asistentes poderán desfrutar de algo totalmente distinto: música urbana e trap da man de Amorodo. Este...

leer más
11/05/2023

Nos actos do Día das Letras Galegas dedicado a Francisco Fernández del Riego o vindeiro mércores, día 17, en Vilanova haberá as actuacións musicais de Luar na Lubre, Treixadura, Souto Xímaro, o Coro Mestre Pacheo, a Asociación Cultural Osorio Gutiérrez e a Banda de Música de Lourenzá.

As actividades empezarán ás 10:00 horas cunha actuación da Banda de Música de Lourenzá polas rúas de Vilanova. A partir das 11 e media da mañá desenvolverase na Praza do Conde Santo o acto institucional da Xunta de Galicia, no que actuará o grupo musical Luar na Lubre.

Ás 12:30 horas no Multiusos Ponte de Cuñas terá lugar unha sesión plenaria extraordinaria e pública da Real Academia Galega, acto no que participarán o grupo musical Souto Xímaro e o coro Mestre Pacheco.

Ás 15:00 horas empezará un xantar...

leer más
30/10/2022

No marco do ciclo de Concertos do Xacobeo, chegan a Cervo Tanxugueiras o 4 de novembro e Roi Casal o 5 de novembro.

O concerto de Tanxugueiras, que tivera que aprazarse por mor do mal tempo hai semanas, dará comezo ás 20.00 horas na Praza dos Campos, en San Ciprián. Será o vindeiro venres, 4 de novembro.

E  no mesmo escenario, na Praza dos Campos, actuará Roi Casal ao día seguinte, o 5 de novembro, a partir das nove da noite.

A entrada para ambos concertos é libre. Desde o Concello de Cervo animan a asistir: “non podedes perdervos esta gran homenaxe á Cultura Galega”.

18/07/2022

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou este luns no CENIMA de Foz na presentación dunha nova edición do Festival Bal y Gay, unha cita que a institución provincial impulsa cunha achega económica de 12.000€ como referente cultural e turístico na provincia. A programación celebrarase do 12 ao 24 de agosto en oito concellos da Mariña.

No acto tomaron parte o Alcalde de Foz e presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, Francisco Cajoto; o director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo Suárez; o presidente da Fundación Xesús Bal y Gay, Enrique Rodríguez Baixeras, e a directora do Festival Bal y Gay, Alba Rodríguez.

Pilar García Porto puxo en valor este evento musical que “xa é unha cita fundamental na oferta turística da provincia de Lugo”. “Polas súas...

leer más
Etiquetas:
28/06/2022

O Ribadeo Indiano,que organizan o Concello e Acisa, está ás portas e xa están aquí as Antevésperas cun coloquio e con actuacións musicais para a vindeira fin de semana. 

As Antevésperas arrincan o 1 de xullo cun Coloquio Literario que terá lugar na Casa do Viejo Pancho ás 20:30 horas. Alí o escritor Xesús Fraga falará de Virtudes (e misterios). O acto será presentado pola concelleira de Cultura, Pilar Otero Cabarcos. 

A música será protagonista tamén nas Antevésperas. O auditorio municipal acollerá a actuación de Jamila Purofilin o sábado, 2 de xullo, ás 21 horas. O espectáculo denomínase La cubana en Nueva York, 25 años de Purofilin. A entrada é de balde. 

E o domingo, 3 de xullo, ás 21 horas no Quiosco da Música do Campo de San Francisco terá lugar o concerto de Boroa, que se trasladará...

leer más
Etiquetas:
18/03/2022

O Concello de Cervo, a través da Delegación de Cultura, retoma o ciclo de concertos “A Caixa de Música” este domingo na Praza do Souto. Será o primeiro concerto do ciclo neste ano 2022.

A actuación, que correrá a cargo do grupo “No Cómbaro” de As Pontes, terá lugar este domingo, 20 de marzo, ás 13:30H na Praza do Souto de Cervo.

O ciclo de concertos “A Caixa de Música” pretende diversificar as actuacións musicais no municipio, ofrecendo un programa con estilos clásicos de bandas musicais da nosa contorna. 

A Caixa de Música vai dirixida a toda a familia, posto que os concertos están calendarizados en fin de semana ou festivos, á hora do mediodía, en diferentes emprazamentos da vila.

No mes de maio, en conmemoriación do Día das Letras Galegas, haberá, ademais,...

leer más
Etiquetas:
27/12/2021

Tras a semana de Noiteboa, o Concello de Viveiro continúa co seu programa de Nadal estes días.

Para mañá, martes, 28 de decembro, o programa inclúe un espectáculo de maxia ás 20:30 no Teatro Pastor Díaz. Cómpre reservar a entrada no teléfono 982560162 ou no e-mail: rbg.cultura@viveiro.es

O mércores, 29 de decembro, organízase o pasarrúas da Banda Naval de Viveiro, a partir das 19:00 horas nas rúas da vila.

O xoves, 30 de decembro, celébrase o concerto da Banda de Música de O Landro, ás 20:30 horas na Igrexa de San Francisco.

E para despedir o ano o venres, 31 de decembro, organízase a troula de fin de ano con “Los Alcántara”, na Praza Maior de 13:30 a 15:30.