Concertos
Burela celebrará o Día das Letras Galegas a vindeira fin de semana con dúas actuacións. O sábado, día 18, a Coral Polifónica de Burela comparitá escenario xunto ás corais de Mera e A Estrada a partir das 20:30 horas na Casa da Cultura. E o domingo 19 estará en Burela Andrea Pousa que ofrecerá un concerto ás 19:30 horas. O concelleiro José Díaz subliñou que é unha das voces que máis está soando en Galicia nestes momentos.
O edil de Cultura anunciou que “imos ter dous eventos musicais en conmemoración dese día importante para a cultura galega. O primeiro vai ser o sábado, 18 de maio, ás oito e media da tarde no auditorio municipal, onde imos ter o concerto das Letras Galegas, como fixemos en anos anteriores, coa Coral Polifónica de Burela máis dúas corais que veñen invitadas que son a Coral Polifónica Estradende, de A Estrada, e a Coral...
leer másA asociación Amigos da Troula organiza a segunda edición do festival Callo Fest, que se celebrará o 28 de decembro na Praza dos Campos, de San Ciprián.
No Callo Fest deste ano actuarán: Supernatural, MCkuin –tributo a Queen, The Lazy Bones e Pegas Negras.
Ademais haberá un ensaio das badaladas de fin de ano con Disco Móbil e ao remate serviranse callos de balde.
Colaboran: Concello de Cervo, Deputación de Lugo, Gadis, Buenavista Hotel Restaurante e 3agermeifter.
Ribadeo gozará esta semana de diversas actividades que darán comezo este martes, 14 de agosto, coa actuación da compañía Lila Teatro que presenta Duncan de Palleiro. A representación dará comezo ás 20:30 horas e terá lugar no parque San Francisco (se chove no Teatro).
Ata o 26 de agosto continúa, no forte de San Damian Mariñarte, coas Conversas entre Lucía Vila e Cris Basanta. O horario de visita é de 11:30 a 13:30 horas, e de 18:30 a 20:30 horas. A exposición permanecerá pechada este xoves 16 pola mañá e o venres 17 durante toda a xornada.
O xoves, día 16, a Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o tradicional concerto de San Roque a carón da igrexa, unha vez rematada a misa. O sábado 18 ás 21:00 horas a Banda de Música volverá actuar no auditorio de Cabanela.
Tamén o sábado, 18...
leer másA Banda Municipal de Música de Ribadeo terá tres actuacións a vindeira semana e a primeira delas será o día 16, xoves, cando ofrecerá o tradicional concerto de San Roque ás 13:30 horas a carón da capela do copatrono da vila ribadense. O día 17 a Banda de Ribadeo actuará na localidade asturiana de Luarca e o sábado 18 terá lugar en Cabanela o tradicional concerto churrascada, ás 21:00 horas.
O director da Banda, David Ballester, anunciou hoxe que “a Banda Municipal de Música de Ribadeo segue cos seus concertos de verán. Esta semana que vén será axetreada xa que o día 16 de agosto, como é tradicional, a Banda Municipal celebrará San Roque cun concerto á unha e media do mediodía xusto a carón da capela de San Roque, no que interpretaremos un repertorio variado”.
David Ballester engade que “o día 17 de agosto, debido...
leer másO Presidente, Darío Campos Conde, e a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, visitaron este xoves as instalacións nas que se está a desenvolver o XII Resurrection Fest, o festival de música metal e rockmáis importante de España e un dos máis relevantes de Europea, recoñecido e premiado como tal con diferentes galardóns. Fixérono acompañados de Iván e David Méndez Rodríguez, Director e Subdirector do festival, así como promotores e organizadores cos que dende sempre colaboraron Deputación e Concello de Viveiro, sendo as administracións galegas que máis o fan.
Campos Conde avanzou que “este é un dos eventos turísticos máis importantes para a provincia. O primeiro, de seguro, para a nosa Mariña. Deputación e Concello de Viveiro apostamos por este festival dende o primeiro momento, da man de Melchor Roel, non coma outros que se apuntan...
leer más