Concertos
Os concertos de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre que estaban programados para mañá, sábado, 2 de outubro, en Lourenzá, concretamente no claustro do mosteiro de San Salvador, foron suspendidos ante a previsión de mal tempo.
Xabier Díaz informa a través da súa páxina web e das súas redes sociais desta suspensión e explica que as entradas mercadas na web “nos próximos 10 días hábiles farase a devolución das entradas pola tiqueteira Ataquilla. A comunicación da devolución farase no mesmo mail no que foron adquiridas as entradas. Para calquera cuestión relacionada pódese contactar co mail devoluciones@ataquilla.com”.
En canto ás entradas físicas mercadas na biblioteca municipal de Lourenzá hai de prazo ata o día 21 deste mes para solicitar a súa devolución. Para elo...
leer másEste venres, día 27 de agosto, inaugúrase a exposición Xela Arias. A Poesía do Retrato, con textos poéticos de Xela Arias e fotografías de Xulio Gil. Será no parque San Francisco, ás 13:30 horas, con música en directo a cargo do grupo sarriano Malditos Roedores. A mostra, organizada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, recompila unha colección de textos poéticos da autora sarriá xunto aos retratos realizados polo fotógrafo Xulio Gil, nos anos 80 e 90. Consta de vinte retratos e permítenos mergullarnos no universo máis íntimo da autora homenaxeada este ano nas Letras Galegas.
Esta exposición estará en Ribadeo ata o 27 de setembro.
Os días 27 e 28 celebraranse o terceiro e cuarto pases de Versión Fin. Concerto Audiovisual, un proxecto de Iván Torres Hernández con música en directo. Desenvolveranse ás 21:30...
leer másO venres, día 20 de agosto, ofrecerá un concerto o pianista Javier Peranes, dentro do Festival Bal y Gay. Será no Auditorio Municipal, ás 20:30 horas. A venda de entradas faise a través da web do Festival.
Tamén incluído na programación do Bal y Gay, o día 21 actuará Cantoría-Ensalada Musical, nun concerto ideal para público familiar. Terá lugar no Teatro ás 12:00 horas e a entrada é de balde.
O domingo, día 22 de agosto, o grupo Remakers tocará no Forte de San Damián ás 20:30 horas dentro do ciclo Soa Forte. Nesta ocasión non hai venda anticipadas de entrada e o despacho de billetes farase a partir das 19:30 horas. O prezo da entrada é de 3 euros.
Música e exposición na axenda cultural de Ribadeo para estes días.
O sábado, 14 de agosto, Malajunta Tango Dúo presentará Apiazzolados co arxentino Martín Bucki ao piano e o asturiano José Luis Álvarez ao saxofón e acordeón. A actuación terá lugar no quiosco do Parque de San Francisco ás 20:00 horas.
O domingo, día 15, ofrecerá un concerto o grupo Beetle Judge dentro do ciclo Soa Forte, que organiza o Concello de Ribadeo. Será no Forte de San Damián ás 20:30 horas. A venda anticipada de entradas farase na Oficina de Cultura a partir deste mércores 11 en horario de 9:00 a 14:00 horas. Tamén no ciclo Soa Forte actuarán Remakers, o día 22 de agosto, e Astra, o día 29.
Ademais ata o 10 de setembro no Forte de San Damián pódese visitar a exposición fotográfica La madre que nos parió. A nai...
leer másO Concello de Ribadeo, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación, organiza Soa Forte, un ciclo de concertos que se desenvolverá os domingos de agosto no Forte de San Damián. Arrinca o día 8 con Roma e seguirá con Beetle Judge, Remakers e Astra.
A edil de Cultura, Pilar Otero, explicou que “Soa Forte é un ciclo de concertos que pretende aproveitar e pór en valor o forte de San Damián, á parte de como sitio expositivo ou mostra de arquitectura militar, como lugar onde escoitar música. O ciclo que hoxe presentamos ocupará os domingos de agosto ás 20.30 horas, co público sentado e gardando o resto das medidas anti covid 19”.
A concelleira ribadense contou que “este domingo actúa Roma, unha banda de pop-rock, proxecto persoal de dous irmáns logo de tocar coas mellores orquestras e influídos por Leiva, Quique...
leer másA música protagoniza a axenda cultural do Concello de Ribadeo para esta fin de semana.
O venres, 30 de xullo, actuarán Otus Scops, grupo de rock instrumental dedicado á interpretación de clásicos dos 50, e Wavi Gravies, banda de rock con influenzas da música garage e surf.
O sábado, 31 de xullo, ofrecerán un concerto a banda de música electrónica Laura Lamontagne & Pico Amperio e a DJ Russinha.
O 1 de agosto será a Xira a Santa Cruz, que organiza Amigos das Gaita. Ás 12:00 no parque de San Francisco actuará Paco Nogueiras. E ás 20:30 horas no auditorio de Cabanela será a quenda para Xosé Lois Romero e Abaloria. En caso de choiva estas actividades quedarán suspendidas.
O Concello de Viveiro anuncia a celebración no municipio de diferentes eventos culturais, entre os que se atopan as Feiras do Libro e de Artesanía. Ademais, o goberno local, que dirixe María Loureiro, está a preparar unha extensa programación cultural para este verán, que incluirá a actuación de Guadi Galego.
"Apostamos pola cultura segura ao aire libre, organizando espectáculos no casco histórico, Celeiro ou Covas, e axudando ademais aos sectores máis afectados pola pandemia, como a hostalería", explica a alcaldesa de Viveiro.
Dunha banda, entre o 13 ao 22 de agosto, Viveiro acollerá a XXXVII Feira de Artesanía nos Xardíns Noriega Varela, que inclúe a numerosos profesionais deste eido.
Tamén no mes de agosto, os Xardíns Noriega Varela recibirán á Feira do Libro, que, como noutras...
leer másA área de Mocidade da Deputación de Lugo colabora coa Asociación Fanto Fantini na organización do Festival Osa do Mar, que programa para este domingo, 16 de maio, os primeiros concertos dunha edición adaptada á situación sanitaria.
Tras a paréntese obrigada do ano pasado, a Asociación Cultural Fanto Fantini aposta por un formato novidoso, coas actuacións distrubuídas en dúas fins de semana: este domingo e os vindeiros 24 e 25 de setembro. O evento transládase a Casa da Cultura de Burela para facilitar o control das medidas de prevención fronte á Covid-19.
A deputada de Mocidade, Mónica Freire, e Miguel Cabo, membro da organización do evento, presentaron esta tarde en Burela o programa deste domingo, con concertos da cantautora Antía Muíño (20:00 horas), unha das voces máis singulares do panorama musical en galego...
leer másA Concellaría de Cultura de Ribadeo organiza Dúas Noites de Jazz, que se celebrarán este venres, 16 de outubro, e este sábado, día 17.
O venres 16 ás 20:00 horas no Teatro actuará Pablo Sanmamed Trío. Este grupo está formado por Pablo Sanmamed ao contrabaixo, Iago Mouriño ao piano e Bruno Couceiro á batería. A formación presentará un repertorio integrado por unha maioría de composicións propias e tamén revisitacións de compositores no que mesturan jazz con outras músicas.
O sábado 17 ás 20:00 horas no Teatro Rafa Fernández presentará A cara bonita da pedra. É un traballo homoxéneo e ambiental no que, a través de pequenas composicións, sons acústicos e eléctricos converxen describindo unha paisaxe sonora que cautiva ao público dende o primeiro minuto.
Mondoñedo organiza o Merlín Fest, unha proposta musical alternativa en pequeno formato con grupos vencellados ao concello.
O festival conta con actuacións musicais simultáneas ao aire libre cada sábado dende as 20:30 ata as 22:30 horas. O vindeiro 1 de agosto a cidade mindoniense acollerá a Flashtop Cabaret na Praza do Concello, e a Charanga Aires do Padornelo, que desfilará polas rúas do casco histórico. Con esta proposta, o concello busca tamén reactivar pouco a pouco a vida nas rúas e na hostalería local.
O 8 de agosto Briacova actuará na praza da Catedral e o Grupo Xuventude na Fonte Vella.
O 15 de agosto Rafa Fernández ofrecerá un concerto na praza da Catedral. O 22 de agosto o protagonista será Hugo Eiroá, que actuará no cruce das rúas Bispo Sarmiento e Andrés Baamonde. E o 29 de...
leer más