Ciclo
O Observatorio da Mariña pola Igualdade organiza para o mes de xuño a actividade Mulleres no Mundo. Dereitos sexuais e reprodutivos. Trátase da proxección de tres documentais que achegan á cidadanía mariñá a realidade vital de mulleres moi diversas e interpélannos a participar activamente nun debate que transcende fronteiras, crenzas e clases sociais nun momento no que os dereitos das mulleres vense ameazados en diversas partes do mundo. Despois dunha breve presentación e contextualización do documental procederemos á súa visualización. A continuación, realizarase un coloquio e reflexión sobre diferentes aspectos abordados en cada documental.
Comeza o día 11 de xuño co documental “Que sea ley” (2019). Móstranos as protestas convocadas por Marea Verde, movemento que impulsou a milleiros de mulleres a saír ás rúas e esixir...
leer másO Centro de Interpretación do Camiño do Norte en Mondoñedo acollerá a segunda sesión do ciclo de encontros Xacobeo Peregrinas, enmarcado na programación do Xacobeo 2021-2022, e que contará coa participación da actriz e humorista Sara Escudero, a poeta Yolanda Castaño e a regatista olímpica Ángela Pumariega.
Así o anunciaban esta mañá en Lugo a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, que estiveron acompañadas na presentación polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias.
Xacobeo Peregrinas é un perfecto exemplo do que está sendo a programación do Xacobeo 21-22: unha iniciativa descentralizadora, aberta e integradora, na que estamos a aproveitar as novas tecnoloxías para achegar novas perspectivas e experiencias arredor do Camiño de Santiago a...
leer másLourenzá terá neste mes de novembro un ciclo de charlas denominado Outono Cultural, que está organizado pola asociación Patrimonio Laurentino.
Comezará o sábado 7 ás 18:00 horas na planta baixa da Casa do Concello coa presentación do libro O Bispado de Mondoñedo na Idade Media, a cargo de seu autor, Carlos González Paz.
O sábado 14 ás 19:00 horas no Pazo de Tovar Martín Fernández Vizoso presentará a súa publicación Memoria de mariñáns.
Tamén no Pazo de Tovar o sábado 20 ás 20:00 horas presentarase o libro No interior do abandono, acto que contará coa participación dos seus autores: Carlos Lorenzo e Baldo Ramos.
E rematará o sábado 28 ás 19:00 horas coa presentación do libro Más allá y más arriba, a cargo do seu autor, José Antonio Vázquez Taín.
... leer másO actor Quico Cadaval actuará na Sala Bahía, de Foz, mañá, venres, ás 21:00 horas dentro da programación do Ciclo de Teatro de Outono que organiza o Departamento de Cultura do Concello focense.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que Quico Cadaval presentará o seu espectáculo Vacas, guerras, porcos e cregos, cunha duración de 90 minutos, e lembra que se “respectarán todas as medidas de seguridade e hixiene esixidas, como ata o de agora se está facendo en todas as actividades organizadas polo Concello de Foz, cunha programación segura”
O prezo da entrada é de 5 euros.
A Delegación de Cultura do Concello de Foz organiza o Ciclo de Teatro de Outono, cunha programación de teatro profesional para público adulto todos os venres de outubro na Sala Bahía.
Esta actividade foi presentada polo alcalde, Fran Cajoto Caserío, e a concelleira de Cultura, Inés López Couto, quen anuncia que “co lema Foz fai cultura as mellores compañías do teatro galego pasarán pola Sala Bahía todos os venres do mes de outubro ás 21.00 horas. O custo da entrada para cada representación será de 5 euros. Respectaranse todas as medidas de seguridade e hixiene esixidas, como ata o de agora se está realizando en todas as actividades organizadas polo Concello de Foz, cunha programación segura”.
Este venres, 2 de outubro, Sarabela Teatro poñerá en escena a súa obra recentemente estreada A lingua das bolboretas, da...
leer másA Concellaría de Cultura organiza un ciclo musical que se celebrará no Forte de San Damián, se o tempo o permite, os días 18, 19, 25 e 26 de setembro. Soa Forte ofrecerá varias actuacións musicais de diversos estilos desde a tradición das cantareiras ata o hip hop.
A concelleira de Cultura, Pilar Otero, declarou que “temos dito varias veces, ao longo destes meses, que a cultura non pode parar e que quedou demostrado no tempo de confinamento o importante papel que pode ter nas nosas vidas a actividade cultural. Por iso desde o Concello de Ribadeo continuamos a apostar pola arte e pola vida cultural, aproveitando todos os espazos que temos e poñendo en valor o noso patrimonio tamén en territorios rurais”.
A edil nacionalista dixo que “neste caso nun dos lugares emblemáticos de Ribadeo, nunha construción defensiva,...
leer másAlfoz pon en marcha este mes de febreiro, e durante todo o ano, un Ciclo de Cine onde se proxectarán dúas películas cada mes, unha infantil e outra para público adulto (ou para todos os públicos), que abarcarán diferentes xéneros.
Así no mes de febreiro serán películas románticas, dando comezo o venres 14 coa película “Un paseo por las nubes” e o sábado 22 coa película “Shrek”. Os pases serán no Salón de Actos ás 19.00 horas e a entrada é gratuíta.
De este xeito trátase de ampliar a oferta cultural do concello, aproveitando a capacidade comunicadora do cine para conectar con tódolos públicos e trasladar diferentes problemáticas, promovendo unha reflexión e o pensamento crítico ao tempo que se dinamiza a vida cultural do Concello de Alfoz.
Á iniciativa, que parte da Concellería de Cultura...
leer másO Auditorio Municipal Hernán Naval de Ribadeo acolle este sábado, 9 de novembro, a súa proposta musical máis ambiciosa no ciclo Outras Voces. Trátase do concerto que ofrecerá Tonina Saputo a partir das 20:30 horas.
Saputo, con 8 millóns de reproducións en youtube, recibe un pulo inmenso na súa carreira ao colocarse a súa versión de Historia dun amor, na listaxe das preferidas de Barack Obama.
As entradas para asistir a este concerto están á venda anticipada ao prezo de oito euros en ataquilla.com. O día da actuación poderán adquirise por 10 euros na billeteira, que abrirá ás 19:30 horas.
Tonina Saputo é unha cantante/compositora independente, baixista, xornalista musical e poeta de St. Louis, Missouri, que interpreta música orixinal xunto cos seus arranxos en español, inglés e italiano...
leer másA Concellería de Cultura ven de presentar o ciclo A Mariña en clave de humor, que se desenvolverá de decembro a marzo. Catro coñecidos actores e monologuistas actuarán na Casa da Cultura de Burela. Abrirá este ciclo Enrique San Francisco o día 9 de decembro ás 21:00 horas, El Sevilla estará o 12 de xaneiro, Miguel Lago intervirá o 4 de febreiro e pechará este ciclo de humor Carlos Blanco o 11 de marzo. O prezo das entradas en anticipada será de 10 euros e 13 na billeteira.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, anunciou: “queremos presentar desde la Delegación de Cultura un evento periódico que dura cuatro meses, que acabamos de cerrar ahora y que creo que va a ser muy atractivo. Desde nuestro Concello seguimos apostando por traer cosas de calidad, o al menos intentarlo, la verdad es que muchas veces es casi increíble conseguir que...
leer más