O Concello de Ourol organiza unha serie de actividades contra a violencia de xénero durante este mes de novembro.
O programa dará comezo o xoves, día 16, cunha charla titulada Consecuencias da violencia de xénero nas mulleres e nos nenos e nenas. Terá lugar a partires das 11:00 horas no edificio multiusos do Concello de Ourol.
O 21 de novembro haberá un obradoiro que leva por título Sacando as redes da pantalla. Perigos de compartir información. Dará comezo ás 17:00 horas e desenvolverase no edificio multiusos do Concello.
O xoves 23 celebrarase outro obradoiro titulado Redes familiares: métodos de seguridade no uso das redes sociais dos menores. Comezará ás 17:00 horas e terá lugar no edificio multiusos do Concello.
O venres 24 ás 12:00 horas diante da Casa Consistorial haberá un minuto de silencio en lembranza das vítimas da violencia de xénero.
Colabora con esta actividade a Secretaría Xeral de Igualdade da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.