Casa da Cultura
19/02/2015
O Concello, en colaboración con Radio Burela, organiza a proxección da película A Esmorga. Será na Casa da Cultura este venres e este sábado.
O venres, 20 de febreiro, haberá pola mañá proxeccións para os institutos da localidade e ás 20:30 horas será o primeiro dos pases para todo o público. Xa o sábado, día 21, haberá dous pases un ás 17:30 horas e outro ás 20:30 horas. Antes deste segundo terá lugar un coloquio no que participará o director do filme Ignacio Vilar.
A Esmorga está protagonizada por Karra Elejalde, Miguel de Lira e Antonio Durán “Morris”.
07/01/2015
A Concellería de Cultura de Burela presenta estes días na vila a que será a súa primeira exposición para este novo ano 2015. A mostra leva o título de Universo Viary e corre a cargo da artista Silvia Viary, unha moza burelesa especializada na creación de obxectos de bixutería artesanal.
A exposición inaugurouse o pasado venres, 2 de xaneiro, na sala de exposicións da Casa da Cultura de Burela, e permanecerá aberta ata o 16 de xaneiro en horario de 09.00 a 13.00 horas polas mañás e de 17.00 a 20.00 horas polas tardes. A concelleira de Cultura de Burela, Mónica Pedre, animou aos veciños "a achegarse a visitar esta interesante exposición".