Ata o 20 de agosto en Foz ten lugar a XI Semana de Teatro Afeccionado. Haberá unha representación diaria no patio do colexio nº 1. E tres exposicións se poden ver no Cenima ata finais de mes.

Ata o 20 de agosto en Foz ten lugar a XI Semana de Teatro Afeccionado. Haberá unha representación diaria no patio do colexio nº 1. E tres exposicións se poden ver no Cenima ata finais de mes.
 
Comeza hoxe, martes, en Foz a XI Semana do Teatro Afeccionado, que inclúe unha representación diaria ata este sábado, día 20, no patio do colexio Número 1. Todas as obras están programadas para as dez da noite.
 
A concelleira de Cultura, Silvia Blach, anunciou que hoxe “será a compañía Ollamao, de Barreiros, que ofrecerá a obra Oé, oe, oe. Mañá, mércores, a compañía Pico de Faro, de La Roda (Asturias), con Borrón y cuenta nueva. O xoves a compañía Pico do Castro, de Foz, representará A miña muller volveu. O venres A Adala, de Fazouro, con Oia Doutor. E rematará o sábado 20 coa compañía O Centiño, de San Martiño, e a obra O caldeiro máxico”.
 
Silvia Blach engadiu que “o xoves 18 empezará o Foz Market, que estará no peirao da vila ata o domingo. Será a cuarta feira de mostras de Foz e A Mariña, con espazo food tracks (comida de autor sobre rodas), salón do automóbil e unha gran zona infantil e de compras e diversión para todos os públicos. Tamén este xoves empeza na Praza Conde de Fontao a Feira do Libro, que se desenvolverá ata o domingo 21”.
 
E, para rematar, a edil focense de Cultura explicou que “o sábado 20 no peirao a partir das doce do mediodía teremos o Tentacle Summer, a cuarta edición da cita estival para os amantes da música house. É un evento para todos os públicos con especialidades de música de baile, jazz, música tribal como correntes de influencia na música electrónica; e por suposto funk, disco, soul e todo aquilo que fixo grande a este estilo de música terá representación no Tentacle 2016. A explanada do porto e a Travesía da Ribeira, entre a antiga Casa do Mar e o porto deportivo, encherase de concertos, sesións de djs e actividades paralelas”.
 
Ademais desde hoxe ata o 30 de agosto no Cenima haberá tres exposicións: de pinturas de Patricia Fernández Paz, de pinturas e escultoras de Mercedes Paz Pérez e a mostra de debuxo Aprender a ver, aprender a debuxar, da UNED-Aula Universitaria de Foz.