Teatro

15/06/2016
Este domingo, 19 de xuño, en Barreiros MalaSombra Producións representa a obra "D.E.P. Unha comedia de morte".
 
Este domingo, 19 de xuño, en Barreiros a compañía MalaSombra Producións representará a obra D.E.P. Unha comedia de morte. 
 
A obra narra desde o sentido do humor a pelexa entre dous irmáns pola herdanza da súa nai que aínda está viva.
 
Porase en escena no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro a partires das 19:00 horas.
 
Esta representación inclúese no programa Cultura no Camiño 2016, que leva a cabo a Xunta de Galicia. Tamén organiza AGADIC e colabora o Concello de Barreiros, a través da Concellería de Cultura e a Oficina de Información Xuvenil.
 
Etiquetas:
14/06/2016
Os Bolechas estarán en Viveiro o vindeiro 25 de xuño. A entrada será gratuíta e o aforo limitado. Cada persoa poderá retirar un máximo de catro entradas.
 
Os Bolechas van ás Olimpíadas estarán en Viveiro o 25 de xuño a partir das 18 horas. A actuación enmárcase no programa de dinamización lingüística FalaRedes.
 
A entrada será gratuíta e o aforo limitado. A taquilla estará aberta a partir das cinco da tarde. Cada persoa poderá levar un máximo de catro entradas. 
 
Etiquetas:
08/06/2016
Cándido Pazó chega a Burela este venres, 10 de xuño, con "Qué comerá o Rei?". Así se celebrará o Ano Castelao na vila.
 
O Ano Castelao 2016 celebrarase en Burela da man da Área de Cultura da Deputación coa representación de Qué comerá o Rei?  a cargo de Cándido Pazó. Será este venres, 10 de xuño, ás 21:00 horas no auditorio da Casa da Cultura. A entrada será libre.
 
Qué comerá o Rei? é un espectáculo de narración oral (contos, monólogos cómicos...), é polo tanto un espectáculo de produción lixeira, un espectáculo para todos os públicos , unha sesión de historias e contos inspirados nos textos e debuxos de Castelao.Un espectáculo que, coa palabra como única ferramenta, procura o humor agudo e tenro, a expresión sinxela e sutil e o trazo delicado e potente do xenial artista.
 
Etiquetas:
17/05/2016
"Impreuna", o espectáculo de Pistacatro chega este sábado, 21 de maio, a Viveiro. Haberá malabares, acrobacias e clowns.
 
O Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, acolle este sábado, 21 de maio, ás 20:30 horas, o espectáculo de novo circo Pistacatro, que pon en escena "Impreuna".
 
Trátase dun espectáculo mergullado íntegramente nos códigos artísticos do circo con malabares, acrobacias e clowns, sen renunciar á fusión con outras artes como a danza, o teatro físico e a comedia. A función descubre ao espectador a vida interior do circo a través das vivencias dunha troupe de sete artistas.
 
Cunha duración dunha hora este espectáculo está dirixido a un público adulto.
10/05/2016
Este sábado, 14 de maio, Cándido Pazó presenta "Qué comerá o rei?", en Viveiro.
 
Este sábado, 14 de maio, ás 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz de Viveiro, Cándido Pazó presentará o espectáculo Que comerá o rei?.
 
Trátase dunha sesión de historias e contos inspirados nos textos e debuxos de Castelao. Un espectáculo que coa palabra como única ferramenta, procura o humor agudo e tenro, a expresión sinxela e sutil e o trazo delicado e potente deste xenial artista.
 
Esta actividade está organizada pola Área de Cultura da Deputación.
 
Etiquetas:
08/05/2016
O teatro Pastor Díaz, de Viveiro, acollerá o 12 de maio "Pedanca e Oso", un espectáculo aldaolado sobre o amor. Organiza: Pensamento e Sementeira.
 
O xoves, 12 de maio, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro, ás 20:30 horas, porase en escena a obra Pedanca e Oso, un espectáculo aldaolado sobre o amor.
 
Trátase das aventuras ou desventuras amorosas de cada un e de cada unha das que xorden paixóns desenfreadas, anos de martirio, cotas altas de felicidade, ansiedades varias, gozos e sombras. Dese caldo de cultivo xorden tamén os poemas que aldaolado recitan no seu espectáculo, poñéndolle moita música e humor ao amor máis romántico e ao máis miserable. Dúas poetas no escenario co corazón aberto en canal e escarallándose.
 
O prezo da entrada é de 5 euros. Organiza o Colectivo Pensamento e Sementeira e...
leer más
Etiquetas:
05/05/2016
Este sábado, 7 de maio, haberá teatro infantil en Burela. A compañía Baobab representará "Contos para un caldiño".
 
A compañía Baobab Teatro representará este sábado, 7 de maio, en Burela Contos para un caldiño. Será na Casa da Cultura ás 17:30 horas. Trátase dun espectáculo para nen@s a partir de tres anos. O prezo da entrada é de 2,5 euros. A actividade forma parte da programación cultural do Concello burelés e conta co patrocinio da Consellería de Cultura, da Rede de Teatros e Auditorios e da Agadic. 
 
Desde a organización explican que “Contos para un caldiño convida ao público a escoitar e a deixarnos levar polos contos e polos obxectos visuais que se presentan, así, un chapeu que non é un chapeu, unha tesoira non é unha tesoira. Entre todos construiremos un caldo máxico con poderes especiais para converternos en...
leer más
Etiquetas:
02/05/2016
Este sábado, 7 de maio, haberá teatro infantil en Viveiro. Trinke Trinke renderalle homenaxe a Manuel María.
 
Este sábado, día 7, o Teatro Pastor Díaz de Viveiro acollerá a representación da obra Os soños na gaiola a cargo da compañía do Trinke Trinke.
 
Esta obra, inspirada no libro de poemas de Manuel María, está dirixida a un público familiar. A entrada é de balde ata completar aforo. A representación comezará ás 18:00 horas.
 
Etiquetas:
01/05/2016
A oitava edición de Buxiganga arrinca con 110 actuacións por toda a provincia de Lugo. Na Mariña as primeiras serán en Trabada en maio e no Vicedo en xuño.
 
Buxiganga, o Proxecto Teatral Educativo da Área de Cultura da Deputación de Lugo continua medrando ano a ano. Nesta edición son un total de 40 grupos de teatro afeccionado con sede na provincia de Lugo os que participarán nas máis e 110 actuacións que hai xa programadas ao longo de todas as comarcas lucenses.
 
 O Delegado de Cultura da Deputación de Lugo, Xosé  Ferreiro, destacou que desde que o proxecto Buxiganga comezara a súa andaina no ano 2009, observouse que o número de colectivos teatrais na provincia vai en aumento. “Nestes anos pasouse dos 12 grupos iniciais aos 40 inscritos este ano,  polo que podemos afirmar sen dúbidas que Buxiganga funciona como alicerce para a creación de tecido asociativo e base cultural na provincia...
leer más
29/04/2016
Este domingo, 1 de maio, o Auditorio Municipal de Ribadeo acollerá a representación da obra "A órbita do Lucecú", a cargo de Lucecús Teatro.
 
A obra "A Órbita do Lucecú" porase en escena este domingo, 1 de maio, no Auditorio Municipal de Ribadeo.
 
É a historia de tres compañeiros de piso que orbitan compartindo espazo e soidade. A enerxía que conteñen no seu interior marcará os seus destinos. As cousas máis simples as veces son as máis difíciles de conseguir, os nosos esforzos pérdense na noite como o refulxir dun lucecú que titila ata esmorecer cando non acada a resposta buscada.
 
A representación que corre a cargo da compañía Lucecús Teatro, terá lugar este domingo, 1 de maio, ás 20:30 horas no Auditorio Municipal con entrada única a 3 euros.