O grupo de teatro Os Ghazafelhos presenta este sábado, 3 de febreiro, en Viveiro a comedia Lúa. Será no Teatro Pastor Díaz ás 18:00 horas.
É unha obra para público infantil de máis de 5 anos, dirixida por Pepablo Patiño, quen tamén forma parte do elenco artístico xunto a Jorge Casas e Montse Piñón.
A historia conta que algo acontece na terra onde hai moito ruído, berros e enfados que fai que a Lúa estea preocupada porque con tanto barullo as estrelas asústanse e non queren achegarse, así que decide baixar á terra e saber qué sucede.
Lúa trata dunha analoxía entre o fantástico e o máxico á relación que temos as persoas no noso mundo que nos leva a non entendernos, e provocar medos e violencia. Da man dunha nena chamada Lúa a historia percorre o mundo da xente adulta cos ollos da infancia.