Empresas
O Concello de Barreiros organiza a súa tradicional Andaina e tamén a Carreira Popular Solidaria de Reis, que terán lugar este domingo, 12 de xaneiro, nas inmediacións do Centro Sociocultural de San Cosme.
A xornada dará comezo ás 10:00 horas coa entrega de dorsais. Ás 11:00 horas terá lugar a saída da andaina solidaria, cun percorrido de 9 km e unha dificultade media-baixa.
Posteriormente, realizaranse as probas infantís, organizadas por categorías e adaptadas ás distintas idades, que se sucederán a partir das 11:10 horas. Finalmente, ás 12:00 horas, dará comezo a carreira absoluta cun percorrido de 8 km.
Dani García, concelleiro de Dinamización e Participación Veciñal, destaca o carácter integrador e solidario desta xornada."Este día celebramos moito máis que unha competición deportiva...
leer másAciaFozCCA deu a coñecer hoxe os nomes dos establecementos gañadores do concurso de escaparates de Nadal, que organizou un ano máis.
O 1º premio é para Electricidad Núñez, o 2º para Hedra e o 3º para Chuvia. O premio ao mellor decorado de interior é para Pastelería Anduriña e a mellor fachada para Lencería Esther.
Desde AciaFozCCA felicitan aos gañadores “pola súa implicación para encher de luz, de maxia e de color as rúas de Foz durante o Nadal”.
AciaFozCCA contou para a campaña de Nadal coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Foz.
O vindeiro xoves, 26 de decembro, as gañadoras da campaña Regala Nadal, Merca en Local, que tivo lugar hai uns días en Foz, consumirán os seus premios nunha tarde de compras.
O pasado 18 de decembro na Festa de Nadal celebrada en Foz dentro da campaña Regala en Nadal, Merca en Local, celebrouse o sorteo en directo de tres tarxetas prepago por valor total de 4.500 euros para gastar nunha xornada de compras nos establecementos asociados.
As agraciadas foron:
-Ángeles Agrelo Vila: Tarxeta de 500 euros, a gastar nun mínimo de 3 establecementos
-Tamara Suárez Peláez: Tarxeta de 1.000 euros, a gastar nun mínimo de 5 establecementos
-Beatriz Lestegás Pacheco: Tarxeta de 3.000 euros, a gastar nun mínimo de 8 establecementos
A xornada de...
leer másA campaña de Nadal do Centro Comercial Histórico de Viveiro en colaboración ca área de Comercio do Concello de Viveiro, continúa nestes días cunha morea de actividades, concursos e sorteos.
Á decoración dos negocios con guirnaldas navideñas e árbores de luces leds sumamos nestes días máis actividades.
Desde o CCH explican que “ata o 7 de xaneiro sigue en marcha un concurso de Selfies na árbore de Nadal ubicada na Praza Maior con premios e sorpresas para as fotos máis divertidas. Participar é moi sinxelo, só hai que subir a foto ás redes sociais e etiquetar a @viveirocentro. A Casiña de Papá Noel, instalada nos Xardín Noriega Varela está funcionando en horario de 17:00 ata as 20:00 da tarde do 21 ó 23 de decembro e o dia 24 o horario será de 16 a 19h. Os negocios asociados ó CCHV están a repartir 8.000 cartas...
leer másOs actos desenvolveranse na praza Conde Fontao entre as cinco e as oito da tarde. Ás 17:30 horas haberá unha actuación infantil; ás 18:00 horas será o sorteo dunha tarxeta prepago de 500 euros; para as 18:30 horas está prevista unha chocolatada; ás 19:00 horas terá lugar o sorteo dunha tarxeta prepago de 1.000 euros; ás 20:00 horas serán as intervencións do presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, do presidente da Federación Galega de Comercio e da Federación de Comercio de Lugo, José Mª Seijas, e do alcalde de Foz, Fran Cajoto; e a continuación terá lugar o sorteo, polo sistema de bingo, dunha tarxeta prepago de 3.000 euros.
A campaña Regala en Nadal, Merca en Local é unha iniciativa de promoción do comercio, que ten como obxectivo principal dinamizar as compras na época máis relevante do ano para a actividade comercial, como é o...
leer másAciaFozCCA sortea 6.000 euros en premios ao longo deste Nadal. O 8 de xaneiro dez desexos faranse realidade.
O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, explica que “son tres as campañas que estamos a desenvolver e nas que estamos a participar. O primeiro sorteo de 4.500 euros en premios terá lugar o 18 de decembro na praza Conde Fontao, entre as cinco e as oito. Alí agárdanos unha tarde chea de sorpresas e actividades. Ás cinco e media haberá unha actuación infantil, ás 18:00 horas terá lugar o sorteo de 500 euros, para as 18:30 horas está prevista unha chocolatada, ás 19:00 horas teremos o sorteo de 1.000 euros e ás 20:00 horas cun bingo será o sorteo de 3.000 euros. É unha forma excelente de iniciar o Nadal en Foz”.
Paleo contou que “hai outros 500 euros en xogo, que serán para as persoas que atopen as sete...
leer másAcisa Ribadeo lanza unha nova campaña de captación de socios, tras a súa recente remodelación, que se prolongará ao longo das vindeiras semanas. O colectivo empresarial sumou nove novos asociad@s no último ano e conta con preto de 170 negocios adheridos.
Desde Acisa a súa presidenta, Carmen Cruzado, dixo: “gustaríame en nome da nosa directiva e xerencia darlles a todas e todos os novos socios publicamente a benvida á nosa asociación (By Hortensia, Mariscos Ribadeo, The Fisherman, Barallocas, Arrancadeira, Copacabana, O Lar de Carmiña, Pertejo e Multitienda Teresa) e aproveito tamén para animar aos negocios de Ribadeo: comerciantes, hostaleiros, industriais, servizos e autónomos, hoteis, etc, a que nos chamen para que os visitemos ou para que se acheguen ás nosas instalacións e lles expliquemos cara a cara todas as vantaxes que supón...
leer másRibadeo acolle ata o día 5 de xaneiro, domingo, un Rastrillo de Nadal da Asociación Española Contra o Cancro.
Está na Rúa Viejo Pancho, número 4, baixo, e o horario anúnciase na porta do local.
Acisa Ribadeo repartirá 2.000 vasos entre os establecementos de ocio nocturno asociados para estas datas de Nadal, nas que estes locais poderán abrir dúas horas máis.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, indicou que “Acisa está a poñer todos os seus esforzos na campaña de Nadal, unha cita na que nos implicamos de xeito especial, xa que se trata dunhas datas de gran afluencia en Ribadeo, que cada ano se fai máis importante para o comercio e a hostalería ribadense, e que xera unha actividade económica inigualable. Todos os negocios están xa preparados para o comezo do Nadal, que se podería dicir que foi inaugurado a fin de semana pasada e que comezará de xeito efectivo dende esta ponte festiva. A hostalería está disposta para atender da mellor forma posible aos milleiros de persoas se achegarán á nosa vila. Por iso cada ano, desde Acisa...
leer másA Deputación de Lugo e a Federación Galega de Comercio poñen en marcha a campaña Regala en Nadal, Merca en Local, unha iniciativa para fortalecer o comercio de proximidade, fomentar o consumo responsable e impulsar a economía local durante unha das tempadas festivas máis importante en vendas do ano. O Deputado de Promoción Económica e Social, PabloRivera, e o Presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, presentaron este mércores no Pazo de San Marcos a iniciativa, á que a institución provincial achega 50.000 euros.
PabloRivera destacou durante a presentación que esta campaña enmárcase no compromiso da Deputación de apoiar accións “que fortalecen o tecido comercial da provincia, buscando dinamizar as vilas, impulsar o consumo responsable e premiar a fidelidade dos consumidores que apostan polo local”. Nese...
leer más