AciaFozCCA deu a coñecer hoxe os nomes dos establecementos gañadores do concurso de escaparates de Nadal, que organizou un ano máis.
O 1º premio é para Electricidad Núñez, o 2º para Hedra e o 3º para Chuvia. O premio ao mellor decorado de interior é para Pastelería Anduriña e a mellor fachada para Lencería Esther.
Desde AciaFozCCA felicitan aos gañadores “pola súa implicación para encher de luz, de maxia e de color as rúas de Foz durante o Nadal”.
AciaFozCCA contou para a campaña de Nadal coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Foz.