A campaña de Nadal do Centro Comercial Histórico de Viveiro en colaboración ca área de Comercio do Concello de Viveiro, continúa nestes días cunha morea de actividades, concursos e sorteos.
Á decoración dos negocios con guirnaldas navideñas e árbores de luces leds sumamos nestes días máis actividades.
Desde o CCH explican que “ata o 7 de xaneiro sigue en marcha un concurso de Selfies na árbore de Nadal ubicada na Praza Maior con premios e sorpresas para as fotos máis divertidas. Participar é moi sinxelo, só hai que subir a foto ás redes sociais e etiquetar a @viveirocentro. A Casiña de Papá Noel, instalada nos Xardín Noriega Varela está funcionando en horario de 17:00 ata as 20:00 da tarde do 21 ó 23 de decembro e o dia 24 o horario será de 16 a 19h. Os negocios asociados ó CCHV están a repartir 8.000 cartas entre os nenos da vila para que lle poidan escribir a Papá Noel a carta a depositar na casiña. E tamén fan o propio cas cartas para os Reis Magos”.
E seguen a relatar: “os Elfos reciben ós nenos, Papá Noel recolle tódalas cartas e atende as peticións dos máis pequenos. Este ano ó carón da Casita colocouse tamén un buzón xigante onde os nenos poden depositar as súas cartas no horario no que a casiña non esté aberta. Continuamos así un clásico do Nadal de Viveiro, ó que acoden moitos nenos da comarca cheos de ilusión”.
Desde o CCH de Viveiro indican que “non nos podemos esquecer dun persoaxe tan noso, como é o Apapador, e o dia 24 ás 12:30h na carpa ubicada na Praza Maior. Neste espectáculo recibimos a súa visita para que nos conte quen é, cal é a súa orixe, a que se adica no seu día a día … e o que é máis importante que consellos temos que seguir para que cando nos visite nos deixeunha presada de castañas e algún dos agasallos que el mesmo fai en madeira. Unhapersonaxe entrañable que nos fará pasar unha hora chea de maxia. E o dia 28 ás 12:30h tamén na carpa da Praza Maior, fará o propio o Paxe Real das súas Maxestades de Oriente”.
“Ademais Un Paxe Real en Apuros tráenos a visita dun dos axudantes das súas Maxestades os Reis Magos. Está un pouco alterado porque está pasando por unha das épocas máis complicadas do ano xa que nestes días non hai descanso: Envolver agasallos, mirar quen se portou ben ou mal, ler todas as Cartas, o atracón de traballo da noite de Reis… Por todo isto o paxe está ó borde do colapso quedándose durmido en calquera esquina e cos nervios a flor de pel. Unha vez que se tranquilice o Paxe Real falaranos do que hai que facer na noite de reis, que deixarlles de comer, a importancia de non deixar un monopatín no chan, … e por suposto de non esquecerse facer pis antes de ir para a cama”, sinalan desde o CCH de Viveiro.
As actividades seguirán o día 23 ás 17:00 horas “teremos un Obradoiro de Música Electrónica con DJ Karras Martinez, na sala do Conservatorio de Música. SumÉrxete no mundo da música electrónica con este obradoiro impartido polo DJ e produtor Karras Martínez. Aprende técnicas de iniciación á mestura nun ambiente creativo e participativo”.
Desde o CCH engaden: “e seguimos coas participacións para o sorteo de 4 soldos de 1.200€.. 3 deles serán cas rifas que se entregan nos negocios asociados para o sorteo presencial do dia 3 de xaneiro na Praza. E para o cuarto soldo só hai que subir os tíckets das compras á App ViveiroCCH, así de sinxelo. Prazo ata o 5 de xaneiro. O sorteo, por primeira vez en moitos anos cambia de día, realizarase o 3 de xaneiro ás 21:00 horas na Praza Maior de Viveiro, e estará presentado polo gran Dani Rios. Este sorteo vai xa pola 12ª edición, e converteuse en todo un clásico e nunha cita ineludible do Nadal. E para os que están faltos de ideas e non saben que mercar, poñémosllo un pouco máis fácil cas Tarxetas Regalo do CCHV, que son un acerto seguro. Estas Tarxetas fanse personalizadas e pódense gastar en mais de 120 negocios asociados”.
O comercio local abrirá os domingos do 22 de decembro e o 5 de xaneiro.