Empresas
Do 12 de maio ao 23 de xuño Acisa Ribadeo repartirá 15.000 premios nunha nova edición da campaña Rasca e Gaña coa que a asociación pretende fomentar as compras no comercio local e o consumo na hostalería.
A presidenta da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo, Carmen Cruzado, subliñou que “presentamos esta campaña, que se vai desenvolver desde este venres, 12 de maio, e ata o 23 de xuño co obxectivo de potenciar as vendas neste período do ano, tras a celebración o dia da nai e previo ás rebaixas de verán. Os premios son moi interesantes e atractivos para a clientela do comercio, da hostalería e dos servizos de Ribadeo. Saír dun bar cun vale para mercar un regalo no comercio de Ribadeo ou ir mercar a unha tenda un agasallo e saír cunha botella de viño para levar para a casa ou cunha cea está moi ben”....
leer másDesde o CCH explican: “nesta ocasión apostamos por seguir premiando a fidelidade dos nosos clientes con algo especial para celebrar nesta data, e sortearemos 600€ para gastar no comercio local nun só dia. Isto sí que é felicidade, ter 600€ e gastalos despreocupadamente nun dia! O dia para gastar o premio será no mes de maio ou xuño, a acordar coa persoa gañadora, que terá mañá e tarde en horario comercial para gastar a totalidade do premio. Poderá gastalo tanto en comercios, como en servizos profesionais ou en hostalaría”.
E engaden: “os interesados poderán participar depositando un tícket de compra de mínimo 20€ nas urnas habilitadas en calquera dos negocios asociados ó CCHV. Permítese a acumulación de varios tíckets de cantidades inferiores ata sumar os 20€. Os tíckets serán válidos polas compras realizadas dende o venres 28 de abril...
leer másAcisa Ribadeo pon en marcha a campaña De Ribadeo para mamá, coa que se pretende premiar ás veciñas e veciños deste municipio e da comarca por realizar as compras no comercio local ribadense de cara á celebración do Día da Nai. Esta campaña comeza o 28 de abril e desenvolverase ata o mesmo 7 de maio. Esa xornada a asociación repartirá flores entre as mamás polas rúas de Ribadeo.
A presidenta de Acisa Ribadeo, Carmen Cruzado, explica que “para esta campaña edítanse 10.000 rifas, que os clientes deben cubrir cos seus datos para entrar no sorteo dunha experiencia de desconexión para dúas persoas, doada por Viaxes Eroski; un bono de seis meses cortesía de BeOne; e 100 euros en vales de compra para consumir nos establecementos asociados a Acisa Ribadeo. As rifas estarán a disposición dos clientes nas tendas asociadas, que se encargarán de...
leer másAciaFozCCA sorteará 1.500 euros en vales de compra na súa campaña do día da nai.
Todas aquelas persoas que realicen as súas compras nos comercios asociados entre o 28 de abril e o 7 de maio entrarán no sorteo de 15 premios de 100 euros en vales de compra cada un.
O sorteo terá lugar o 11 de maio en directo a través da emisora local Radio Foz a partir das 11 da mañá.
O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, anima “a realizar as compras desta tradicional data no comercio local, no que temos a carón da casa. En Foz podemos atopar todo o que precisamos para agasallar ás mamás polo seu día”.
E engade: “e tamén toca festexalo coa familia na hostalería local. Contamos cun sector da restauración moi importante, disposto a sorprendernos coas súas propostas...
leer másA décimo novena edición da Ruta das Tapas e o Comercio na Rúa animarán a vindeira Semana Santa en Foz.
A Ruta de Tapas, todo un clásico destas datas en Foz, desenvolverase do 6 ao 8 de abril en nove locais hostaleiros da vila. Trátase de Anduriña, A Rambla-Pachán, Bar 78, Dandy, Espacio Machete, Marexada, Namarinos, O Tangarte e Xoyma.
O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, sinala que “temos unha nova cita coa Ruta de Tapas de Foz, moi agardada pola clientela e polo sector hostaleiro. Son 9 as propostas que poderemos saborear ao longo de tres días entre a unha e as tres da tarde e de oito a once da noite. O prezo da tapa será de 2,5 euros”.
Durante a Semana Santa volve tamén o Comercio na Rúa, que ofrecerá descontos especiais os días 5, 6 e 8 de abril (mércores, xoves e sábado)....
leer másAciaFozCCA sorteou hoxe os 1.500 euros en vales de compra da campaña do día do pai, que se desenvolveu do 4 ao 19 de marzo.
O sorteo, que tivo lugar nas instalacións de Radio Foz, foi conducido por Anxo Rivas. Ao mesmo asistiron o concelleiro de Comercio de Foz, Chema Linares, e a xerente de AciaFozCCA, Ana Segade.
As premiadas son as seguintes:
Tamara Suárez Peláez é a gañadora do vale de 500 euros. Ela fixo unha compra en Unique. E con 200 euros en vales de compra resultaron premiadas Julia Maseda Otero, que mercou en Decoraciones Pura; Elena Pérez López, en Clínica Maas Saúde; María Couto Amor, en Salai Campo; Pilar Campo Díaz, en Centro Óptico Elíseo, e Dulce María Joven Gómez, en Xoguetería Bahía.
Desde AciaFozCCA felicitan “ás gañadoras ás que animan a...
leer másXa se coñecen os gañadores da campaña do Día do Pai de Acisa Ribadeo. Na maña de hoxe tivo lugar o sorteo de agasallos nas instalacións da asociación ribadense.
Nesta campaña, que se desenvolveu do 10 ao 19 de marzo, puxéronse en circulación 10.000 rifas. Desde a directiva de Acisa indican que “foron cubertas e entregadas practicamente todas para participar no sorteo de hoxe. Isto ven indicar que tivo unha boa acollida e repercusións positivas no comercio da nosa vila”.
Acisa sorteou na campaña do Día do Pai: un bono de 6 meses cortesía de BeOne, 5 ceas para 2 persoas doadas por A Horta de San Roque, O Lar de Manolo, Javier Montero, El Rincón del Gordo e A Quinta e 2 experiencias de 1 noite con almorzo para dúas persoas a escoller entre 1060 destinos, que foron doadas por Viaxes Eroski. “A todos estes...
leer másAlumnado de 4º de la ESO del Colegio Sagrado Corazón, de Ribadeo, organiza un sorteo de premios valorados en más de 1.500 euros con el objetivo de recaudar fondos para su viaje de fin de curso a París. Acisa colabora difundiendo la iniciativa y acogiendo dicho sorteo.
Madres y padres que colaboran con ellos explican que “para recaudar fondos, l@s alumn@s del colegio Sagrado Corazón, de Ribadeo, editaron unas cartulinas con más de 1.500 euros en premios. Es un DISFRUTA RIBADEO a través de su oferta gastronómica, deportiva y de ocio. Por sólo 2 euros cada persona que cubra una casilla puede optar a los 30 premios conformados por menús degustación, cenas temáticas, alojamiento en hoteles, consumiciones, experiencias de pádel, surf, golf, kayaks, paseos por la ría o motonáutica. Se trata de una amplia oferta en todas sus dimensiones”.
... leer másDesde o CCH explican que “nesta ocasión apostamos por seguir premiando a fidelidade dos nosos clientes con algo especial para celebrar nesta data, e sortearemos 600€ para gastar no comercio local nun só dia. Isto sí que é felicidade, ter 600€ e gastalos despreocupadamente nun dia! O dia para gastar o premio será no mes de marzo ou abril, a acordar co gañador, que terá mañá e tarde en horario comercial para gastar a totalidade do premio. Poderá gastalo tanto en comercios, como en servizos profesionais ou en Hostalaría”.
E seguen a relatar que “os interesados poderán participar depositando un tícket de compra de mínimo 20€ nas urnas habilitadas en calquera dos negocios asociados ó CCHV. Permítese a acumulación de varios tíckets de cantidades inferiores ata sumar os 20€. Os tíckets serán válidos polas compras realizadas dende o venres 10 de...
leer másMerécelo papá é a nova campaña da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo para celebrar o dia do pai neste 2023, que contempla o sorteo de varios agasallos entre as persoas que fagan as súas compras ata o 19 de marzo nos locais asociados.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, explica que “nesta campaña do día do pai desde Acisa Ribadeo sortearemos 8 premios. Trátase de 2 experiencias de desconexión para dúas persoas, doadas por Viaxes Eroski, de 1 Bono de 6 meses para BeOne Ribadeo e 5 ceas para dúas persoas xentileza de A Horta de San Roque, La Quinta, Javier Montero, El Rincón del Gordo e O Lar de Manolo”.
Cruzado Iglesias indica que “aquelas persoas que realicen as súas compras nos establecementos asociados a Acisa Ribadeo dende o 10 o 19 de marzo poderán cubrir algunha das 10...
leer más